Conferencia de prensa dos comités de folga. Primeira pola esquerda, Emilia Lamas, de CCOO

  • O venres terá lugar en Santiago de Compostela unha asemblea do persoal para decidir os próximos pasos

Membros do comité de folga dos puntos de atención continuada (PAC) de Galicia compareceron hoxe perante os medios de comunicación para enviarlle unha mensaxe ao Sergas: «continuamos en folga». Tras a ruptura das negociacións, o persoal decidirá en asemblea o venres, 1 de marzo, os próximos pasos que darán.

Cartaz OPE PSX

  • Hoxe 7 de marzo publicouse no DOG a convocatoria

Podedes acceder á convocatoria no arquivo que se xunta. O prazo para inscribirse abrangue dende o 15 de marzo ao 30 de abril, ambos incluídos.

CCOO rexeita a proposta do Sergas

  • A Federación de Sanidade do sindicato sostén que este modelo non garante a estabilidade do persoal

A Federación de Sanidade de CCOO de Galicia non asinará o acordo para o novo nomeamento de continuidade para médicos de familia e pediatras. O sindicato afirma que o sistema non garante a estabilidade do persoal. Ademais, sostén que abre a porta, de xeito encuberto, a un novo modelo de atención primaria.

Galicia ten a metade de fisioterapeutas que sería recomendable

  • O sindicato considera que a creación de máis prazas desta especialidade «aliviaría» a situación da atención primaria

Comisións Obreiras (CCOO) pide incrementar o orzamento destinado á sanidade e alerta do déficit de fisioterapeutas. Segundo o sindicato, a creación de máis prazas desta especialidade «aliviaría» a situación da atención primaria en Galicia. A comunidade autónoma ten a metade de fisioterapeutas dos recomendados, o que causa a saturación das consultas de medicina de familia.

foto da proposta

A FSS-CCOO de Galicia informa que o pasado venres, día 11, constituíse na sede da Confederación de Empresarios da Coruña a Mesa Negociadora do Convenio de "Establecementos sanitarios de hospitalización, asistencia, consulta y laboratorios de análeses clínicos" da provincia de A Coruña. No ámbito deste convenio provincial o número de empresas afectadas é de 50, correspondendo a un total de 4000 traballadores, 2500 mulleres e 1500 homes. A FSS-CCCOO de Galicia dá a coñecer un amplo número de medidas e propostas con vistas a mellorar as condicións laborais dos traballadores/as da sanidade privada da Provincia da Coruña.

SERGAS

Informámosvos do número de prazas das Ofertas de Emprego Público do SERGAS correspondentes aos anos 2017, 2018 e 2019. Queda pendente a convocatoria (única e coas prazas correspondentes a estas tres ofertas sumadas) que previsiblemente se fará ao longo deste ano 2019.

cartel

  • 27 DE ABRIL: Andalucía, Aragón, Asturias, Cantabria, Castilla y León, Extremadura, Madrid y La Rioja.
  • 2 DE JUNIO: Cataluña.
  • 7 DE JULIO: Murcia

La Federación de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO (FSS-CCOO) te informa de que el Consejo Interterritorial ha acordado hoy, 22 de febrero, las fechas definitivas para la realización de los exámenes de la OPE de TCAE (Técnicos en Cuidados Auxiliares de Enfermería) en distintas Comunidades. Las fechas serán oficiales con su publicación en los respectivos Boletines Oficiales de las Comunidades Autónomas. Más información en tu sección sindical.

CCOO lembra que aínda quedan cuestións pendentes de conseguir

  • O sindicato insiste en que non apoiará ningunha proposta que non reciba o visto e prace do persoal

A Federación de Sanidade de CCOO de Galicia esixe «respecto» para o persoal dos puntos de atención continuada (PAC), que o pasado luns, «en votación libre e secreta», decidiu continuar as mobilizacións. Para Comisións, o colectivo «falou alto e claro», polo que cómpre «manter a loita» e defender os once puntos da plataforma reivindicativa.

De esq. a der., Emilia Lamas, Antonio Cabrera e Ramón Sarmiento

  • O secretario xeral de CCOO de Galicia afirma que o emprego público na sanidade ten que volver estar «estreitamente ligado» á estabilidade e á calidade

A Federación de Sanidade de Comisións Obreiras pide adecuar a clasificación profesional ao nivel de formación. É a principal reivindicación do sindicato nunha xornada que ten lugar hoxe en Santiago para, precisamente, orientar os profesionais neste sentido. O secretario xeral de CCOO de Galicia, Ramón Sarmiento, coida que a prestación dun servizo básico como é a sanidade «non pode descansar sistematicamente no compromiso vocacional dos seus profesionais».

CCOO defende unha carreira para todas e para todos

  • O sindicato afirma que discrimina a metade do persoal e agarda que o alto tribunal «permita facer xustiza»

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) admitiu a trámite a demanda da Federación de Sanidade de CCOO sobre a carreira profesional do Sergas, asinada por CIG, CEMS, CSI-F e SATSE. CCOO decidiu recorrer á Xustiza porque ese pacto só beneficiará a pouco máis da metade dos traballadores e traballadoras, pois exclúe parte do persoal fixo e todo o eventual.

CCOO te forma para la OPE Excepcional
fysa tu formación nuestro compromiso
OPE otras CCAA
Bolsa de trabajo otras CCAA
Xestión Clínica
POVISA
Lista de locales CCOO máis próximo
Galicia Sindical
Publicaciones
Folla informativa previsión publicación listas

  • Informa o SERGAS da previsión de publicación das seguintes listas de contratación

previsión listas contratación

Informa o SERGAS de que teñen previsto publicar:

O 18 de decembro publicouse no DOG o Pacto de Contratación de Facultativos Especialistas de Area Por primeira vez no SERGAS, os facultativos especialistas de área poderán acceder ás contratacións do SERGAS como o resto de categorías, a través de listas de contratación e con criterios de selección obxectivos.

  • El documento se puede descargar por Internet y presentar en cualquier oficina de Hacienda u 'online'

Folla informativa

Informa o SERGAS da previsión de publicación das seguintes listas de contratación

MÁIS NOTICIAS

citación inspección de traballo

  • O plan é obrigatorio para as empresas de máis de 250 traballadores e traballadoras; a Administración sanitaria ten perto de 35000.

A Inspección Provincial de Traballo da Coruña emitiu un requirimento instando o Servizo Galego de Saúde (SERGAS) a presentarse o vindeiro luns, día 26, na sede da autoridade laboral pola súa negativa a negociar o plan de igualdade. A Federación de Sanidade de CCOO de Galicia lembra que o dito plan é obrigatorio para as empresas de máis de 250 traballadoras e traballadores e a Administración sanitaria ten ao redor de 35.000.

PAC de Santiago de Compostela | Foto: Google Street View

  • O SERGAS fixou no 100 % os servizos mínimos para garantir a atención das urxencias, proba de que a dotación de persoal non é suficiente

Os sindicatos que integran o comité de folga dos puntos de atención continuada (PAC), afirman que o criterio da Xunta para fixar os servizos mínimos é a proba de que a actual dotación de persoal non é suficiente. O SERGAS fixou no 100 % os servizos mínimos para garantir a atención das urxencias durante os paros, o que «demostra as nosas denuncias», sentencian.

  • O sindicato pide a recuperación do Plan de mellora da atención primaria, consensuado pola Administración e os axentes sociais hai dez anos e paralizado posteriormente polo PP

A Federación de Sanidade de CCOO de Galicia solidarízase cos xefes de servizo e unidade de atención primaria da área sanitaria de Vigo, que, «nun exercicio de dignidade e ética ante a progresiva deterioración» asistencial, presentaron a súa dimisión.

Concentración do persoal de urxencias do CHUS diante do SERGAS

  • CCOO acudiu hoxe á concentración convocada pola Comisión de Centro diante do SERGAS

No centro, Ángel Cameselle, durante a conferencia de prensa de hoxe

  • A Federación de Sanidade de CCOO critica a actitude doutros sindicatos, que decidiron apoiar a proposta da Xunta «en só hora e media e unicamente con promesas de palabra»

A Federación de Sanidade de CCOO de Galicia anunciou hoxe que vai recorrer xudicialmente a «discriminatoria» carreira profesional do SERGAS, que «deixa fóra» dos seus beneficios milleiros de traballadores e traballadoras. Segundo os cálculos do sindicato, verase afectadas unhas 12.000 persoas, isto é, un terzo do persoal sanitario público.

Fotografía de arquivo dunha protesta sindical fronte á residencia de SAR Quavitae en Santiago

  • O alto tribunal clarifica o xeito en que han gozar os períodos de descanso; CCOO levará «con urxencia» este asunto perante a comisión paritaria do convenio de residencias da terceira idade

O Tribunal Supremo (TS) dálle a razón a Comisións Obreiras (CCOO) nun litixio contra o grupo DomusVi ?antes Geriatros? que beneficiará a milleiros de traballadoras e traballadores de residencias privadas da terceira idade en Galicia. Con esta sentenza, a sala do Social asume os argumentos do sindicato e clarifica o xeito en que se han gozar os períodos de descanso no convenio do ámbito.

Cartel

La Federación de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO (FSS-CCOO) mantiene su determinación histórica de dar una respuesta global al marco de las cualificaciones y clasificación profesional que se corresponda con los avances producidos en el sector sanitario. Una propuesta a futuro que dé respuesta a todos los colectivos que integran el Sistema Nacional de Salud (SNS).

Preparación OPE FYSA

Tras el acuerdo alcanzado por el Área Pública de CCOO, otras organizaciones sindicales y el Ministerio de Hacienda, por el que se convocarán entre 250.000 y 300.000 plazas (2018-2020), hasta alcanzar el 92% de estabilidad en las plantillas de las diferentes Administraciones, la FSS-CCOO está trabajando para ofrecer a su afiliación la mejor preparación de estas oposiciones en teleformación, con los precios más competitivos del mercado.

Peche do persoal no PAC de Vigo

  • O sindicato insta a Administración sanitaria a convocar o comité de folga para negociar

A Federación de Sanidade de CCOO de Galicia apoia «todas as reivindicacións» do persoal médico e de enfermaría dos puntos de atención continuada (PAC) de Galicia, que continúa en folga. O sindicato esixe unha «verdadeira negociación» e insta o SERGAS a atender as peticións do colectivo, como son a xornada efectiva de 1451 horas anuais, o pagamento da totalidade dos complementos de nocturnidade e festividade —conxelados hai anos— ou a contratación estable.

O Servizo Galego de Saúde está obrigado por lei á elaboración do dito plan. A federación de Sanidade de CCOO de Galicia conxuntamente co Sindicato Nacional de Galicia comunicou hoxe en rolda de prensa a denuncia a Inspección de traballo pola non convocatoria dun plan de igualdade no SERGAS.

REDES SOCIALES

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para optimizar su navegación. Si continúa navegando está dando su consentimiento para su aceptación y nuestra politica de cookies, haga click aqui para más información y ver cómo desactivarlas.