Federaci贸n de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO Galicia | 6 noviembre 2025.

O Hospital Ribeira Povisa aproba un sistema de Carreira Profesional

  • [25/09/2025] O hospital vigu茅s pacta cos principais sindicatos un modelo transparente de promoci贸n profesional, con retribuci贸ns asociadas ao m茅rito e 谩 excelencia asistencial.

04/11/2025.
CP Povisa

CP Povisa

O Hospital Ribeira Povisa anunciou a firma dun acordo de Carreira e Desenvolvemento Profesional para o seu persoal, subscrito cos sindicatos Omega, Unenf, CCOO, UXT e SATSE.

O novo acordo estrutúrase arredor de catro piares fundamentais. O primeiro céntrase na captación e retención do talento, introducindo un sistema de promoción profesional claro, transparente e baseado na avaliación continua dos méritos. Este modelo valora especialmente a experiencia, a implicación e a excelencia no desempeño.

Outro dos aspectos esenciais é o establecemento de criterios xustos para o crecemento profesional. O documento define distintos niveis de carreira e desenvolvemento, con requisitos precisos de permanencia e méritos, de xeito que cada profesional poida avanzar segundo o seu rendemento. Trátase dun sistema voluntario, progresivo e irreversible, que garante estabilidade laboral, proxección e oportunidades reais de evolución a longo prazo para todo o cadro de persoal.

O ámbito económico tamén ocupa un papel central. Prevese unha retribución asociada a cada nivel profesional, con incrementos graduais e pagos semestrais, que recoñecen tanto a traxectoria dentro da organización como o compromiso coa calidade asistencial e a xestión do coñecemento. Así mesmo, búscase reforzar a estabilidade e a excelencia dos servizos sanitarios, consolidando a capacidade do centro para ofrecer unha atención de alto nivel á cidadanía e vinculando o desenvolvemento profesional cos obxectivos estratéxicos da entidade.

Consulta o díptico informativo que está asociado nesta noticia. 

Documentaci贸n asociada
Documentaci贸n asociada

FACEBOOK

TWITTER