Federación de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO Galicia | 18 diciembre 2024.

Javier González (CCOO), segundo pola esquerda, salientou a importancia deste acordo

O secretario xeral de CCOO-Sanidade, Javier González Castro, salienta que o acordo de mellora de condicións de traballo e retributivas alcanzado na mesa sectorial da sanidade «inclúe a todos os colectivos e non deixa fóra a ninguén». Isto, xunto coa amplitude de materias tratadas, son as principais diferenzas respecto dun acordo previo ao que chegara o Sergas cunha organización sindical que non forma parte da mesa, «que respectamos, pero non entendemos», apuntou.

Na pasada mesa sectorial do SERGAS do día 20 de abril CCOO asinou un acordo que inclúe melloras nas condicións de traballo e retributivas en diversos conceptos e categorías sobre materias principalmente vinculadas á xornada complementaria, gardas, nocturnidade e festividade entre outras

Mesa instalada en Santiago de Compostela para recoller sinaturas en defensa da atención primaria

A Plataforma SOS Sanidade Pública, da que forma parte CCOO, comezou o martes en Santiago de Compostela a recollida de sinaturas a prol dunha iniciativa lexislativa popular (ILP) para o reforzamento da atención primaria, deteriorada por anos de recortes. A compostelá praza do Toural foi o escenario deste traballo colectivo que pretende darlla á cidadanía a atención de calidade que merece.

Javier González Castro, secretario xeral da Federación de Sanidade de CCOO

Nestes días sucédense as manifestacións de malestar por parte dos e das profesionais facultativos especialistas de área do Servizo Galego de Saúde (Sergas), entre as que destacan as dos servizos de Medicina Interna. Este colectivo, ademais dos problemas xerais que afectan ao resto de especialidades médicas, padece outros engadidos que veñen de vello e se agudizaron durante a pandemia.

Manifestación defensa da sanidade

CCOO, xunto coas plataformas para a defensa da sanidade pública da área sanitaria de Vigo e SOS Sanidade, percorreu as rúas da cidade olívica en defensa do sistema sanitario público.

Carreira profesional para todos e todas no Sergas

A Federación de Sanidade de Comisións Obreiras de Galicia logra que máis de vinte mil traballadoras e traballadores da sanidade pública sexan incluídos na carreira profesional do Sergas e das entidades adscritas á Consellaría de Sanidade. O Tribunal Supremo deulle a razón ao sindicato e considera que a carreira forma parte das condicións de traballo, polo que non pode haber discriminación de ningún tipo.

Hospital Psiquiátrico de Conxo, en Santiago de Compostela | Foto: Google Street View

  • O sindicato denuncia a «política de amortización encuberta» de prazas por parte da Xerencia, paso previo á desaparición do servizo público

Folga no servizo de Otorrinolaringoloxía do Hospital Clínico de Santiago

  • O Parlamento de Galicia aprobou por unanimidade unha resolución instando o Goberno galego a «abordar de xeito inmediato o conflito» e atender as demandas do persoa facultativo

Tests de antíxenos | Foto: Pixabay

  • Ninguén pode poñer en dúbida que estamos a ser azoutados pola maior crise sanitaria dos últimos tempos, cun grande impacto na mortaldade, pois pouco queda para alcanzar a dramática cifra de 3000 persoas falecidas en Galicia como consecuencia da covid.

CCOO convoca folga no servizo de Otorrinolaringoloxía do Hospital Clínico de Santiago

A metade do persoal fixo do servizo de otorrinolaringoloxía (ORL) do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (CHUS) está a secundar este martes a primeira xornada de folga indefinida convocada pola Federación de Sanidade de CCOO. O paro obrigou hoxe a suspender 64 consultas e a cancelar tres quirófanos.

Concentración diante do Parlamento de Galicia para esixir máis investimento na sanidade pública

Os sindicatos con representación na mesa sectorial, entre eles CCOO, concentráronse este luns diante do Parlamento de Galicia para amosar o seu rexeitamento ao tratamento que se lle dá á sanidade pública nos orzamentos autonómicos do 2022. Denuncian que a situación é especialmente preocupante na atención primaria, porta de entrada ao sistema público, cuxo orzamento diminúe un 2% respecto do ano pasado.

Imaxe da pancarta de CCOO

Entre consignas como «non faltan cartos, sobran ladróns», «non á privatización», «sanidade pública e de calidade» ou «o público é servizo, o privado é beneficio», centos de manifestantes percorreron este domingo as rúas de Santiago de Compostela en defensa da atención primaria e contra os recortes na sanidade pública.

«Solucións para a atención primaria. Non máis recortes»

Os sindicatos da mesa sectorial da sanidade pública, Comisións Obreiras (CCOO), UGT, CIG, CSIF e SATSE concentráronse este martes fronte á Consellaría de Sanidade, en Santiago de Compostela. Alí esixíronlle á Administración que abra unha negociación para solucionar os graves problemas que padece a atención primaria.