Federación de Sanidade e Sectores Sociosanitarios de CCOO Galicia | 29 septiembre 2026.

A Ministra de Sanidade Mónica García e o Secretario Xeral da FSS-CCOO na firma do acordo sobre o texto do Anteproxecto de Lei do Estatuto Marco

  • [26/01/2026] FSS-CCOO, SATSE-FSES, UGT e CSIF asinan o acordo con Sanidade ao conseguir que o texto do novo Estatuto Marco cambiouse en máis dun 70 por cento con respecto ao actual, e que se incorporaron gran parte das melloras defendidas ao longo da negociación para o conxunto do persoal do SNS.
  • As melloras logradas polos sindicatos no novo Estatuto Marco afectan a dereitos e condicións laborais fundamentais como a clasificación profesional, a xornada de traballo, o acceso ao emprego, a provisión de postos, a xubilación anticipada e parcial, a conciliación ou a saúde laboral. Todas elas posibilitarán unha mellor atención á cidadanía.

sos sanidade 1 febreiro

  • [21/01/2026] A mobilización, apoiada por CCOO Sanidade, busca defender o dereito á saúde e frear a destrución e privatización do sistema sanitario público galego

Protesta ante o Parlamento de Galicia, a mañá deste martes

  • [16/12/2025] O sindicato, que participou na concentración de SOS Sanidade Pública ante o Parlamento, acusa o Sergas de manter un modelo «hospitalo-céntrico» no que só un 14,3 % do orzamento vai para a Atención Primaria

Reunión del Ámbito de Negociación sobre el Estatuto marco del personal estatutario de los servicios de salud

  • [15/12/2025] FSS-CCOO, SATSE-FSES, UGT, CSIF y CIG-Saúde han acordado dejar “en suspenso” la convocatoria de las jornadas de huelga anunciadas para el próximo mes de enero hasta comprobar si los compromisos adquiridos por el Ministerio de Sanidad se plasman en un nuevo texto del Estatuto Marco.
  • Los sindicatos reiteran que los avances acordados en asuntos esenciales, como la jornada laboral, las jubilaciones parcial y anticipada o el nuevo modelo de clasificación profesional con el reconocimiento retributivo correspondiente, han sido fruto del trabajo realizado en el marco del Ámbito de Negociación, y no en otros foros paralelos no legitimados

Acordo fin de folga 26N

  • [25/11/2025] Os sindicatos deixan sen efecto as accións previstas en Atención Primaria para o 26N tras acadar un acordo co SERGAS que recolle as reivindicacións presentadas, entre elas, a retirada da categoría FEAP a culminar no 2029

Concentración en Vigo

  • [18/11/2025] El personal de Atención Priamaria se concentra en centros de salud y PAC mientras los sindicatos advierten del impacto de la propuesta del SERGAS.

Conferencia de prensa para anunciar a folga e mobilización na atención primaria. Por CCOO participou a secretaria xeral da Federación de Sanidade, Luz Fernández Tuñas

  • [07/11/2025] Os sindicatos CIG, CSIF, CCOO e UGT anunciaron este venres unha folga na Atención Primaria para o vindeiro 26 de novembro, acompañada de mobilizacións nas xornadas previas. Están chamados a participar na convocatoria os máis de 20 000 traballadoras e traballadores que a integran.

CCOO reclama a compensación das horas traballadas a máis no SERGAS

  • [05/11/2025] A Federación de Sanidade de CCOO de Galicia rexistrou este mércores un escrito dirixido ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, para esixir a compensación dos días de xornada que están realizando de máis durante o ano 2025. A petición do sindicato acompáñase de máis de dúas mil sinaturas de traballadores e traballadoras do Servizo Galego de Saúde, que se suman ás máis de seiscentas rexistradas o pasado setembro co mesmo obxectivo.

Atención Primaria

  • [31/10/2025 ]As organizacións sindicais con representación na mesa sectorial de sanidade —CCOO, CIG-Saúde, CSIF e UGT— anuncian mobilizacións e unha xornada de folga o mércores, 26 de novembro, para rexeitar o novo modelo de atención primaria impulsado pola Consellaría de Sanidade.

computos de xornada XA

[25/08/2025] Comisións Obreiras (CCOO) denuncia que a Consellaría de Sanidade obriga a máis da metade dos seus case 47 000 traballadores e traballadoras a facer máis xornada laboral da que está pactada. Pola vía dos feitos, este departamento autonómico fai caso omiso do «importantísimo acordo» asinado en abril do 2023 na mesa sectorial para ir reducindo progresivamente a xornada anual ata situala en 1533 horas, equivalentes a 35 horas semanais, ademais de suprimir a obriga de traballar os sábados de mañá.