Federación de Sanidade e Sectores Sociosanitarios de CCOO Galicia | 13 abril 2026.

SOS Sanidade Pública chama a parar a destrución da sanidade pública nunha manifestación o domingo 1 de febreiro en Santiago

  • [21/01/2026] A mobilización, apoiada por CCOO Sanidade, busca defender o dereito á saúde e frear a destrución e privatización do sistema sanitario público galego

21/01/2026.
sos sanidade 1 febreiro

sos sanidade 1 febreiro

A plataforma CCOO Sanidade Pública, da que é integrante a FSS CCOO de Galicia, fai un chamamento á toda a cidadanía para a participación e mobilización o vindeiro domingo 1 de febreiro ás 12:30 horas con saída desde a Alameda de Santiago de Compostela

Queremos frear a destrución e privatización do sistema sanitario público galego.

Sobran os motivos: listas de agarda interminables; acceso imposible aos centros de saúde e PAC; colapso dos servizos de Urxencias; hospitais comarcais desmantelados; falta de profesionais e recursos; desviación de miles de pacientes e cartos aos hospitais privados; crecemento exponencial dos seguros privados, que non cobren a maior parte das enfermidades..

Denunciamos:

  • A desviación de miles de pacientes e cartos dos hospitais públicos e privados.
  • O crecemento exponencial dos seguros privados que xeran desigualdade e que son unha estafa que non resolven nada.
  • O colapso nos servizos de urxencias como síntoma da situación na que está a Sanidade Pública.
  • A perversa política sanitaria da Xunta de Galicia que beneficia cos impostos de todos á sanidade privada e prexudica á maioría da poboación.

Reclamamos:

  • Acceso libre e sen demora na Atención Primaria.
  • Poñer fin as listas de agarda e acabar co seu ocultamento.
  • Medidas urxentes para reforzar a Atención Primaria, a Atención Hospitalaria, e máis recursos para a atención da Saúde Mental e a Saúde Pública.

Mobilizate para defender o teu dereito á saúde!

Documentación asociada
Documentación asociada

FACEBOOK

TWITTER