Federación de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO Galicia | 4 octubre 2024.

Concentración sindical diante do Hospital El Pinar, en Vigo

O sector da hospitalización privada da provincia de Pontevedra comezou este mércores en Vigo as mobilizacións en defensa do seu convenio. Delegadas e delegados concentráronse hoxe fronte ao Hospital El Pinar e retomarán as protestas á tarde, de 16 a 17 horas, cunha concentración fronte ao Hospital Concheiro, na avenida de Madrid.

  • Se a parte empresarial persiste nesta actitude, os sindicatos non descartan convocar mobilizacións nos centros de traballo e incluso folgas parciais

CCOO denuncia incumprimentos laborais no servizo de cociña da residencia Divina Pastora

  • Esta mesma semana, o sindicato porá os feitos en coñecemento da Inspección de Traballo

A Federación de Sanidade de CCOO de Galicia denuncia os incumprimentos laborais no servizo de cociña da residencia Divina Pastora de Vilagarcía de Arousa. O persoal está a vivir unha situación «límite» que motivou que a pasada semana houbese unha reunión co alcalde para o informar da problemática e pedirlle que a trasladase tanto á dirección da residencia como ao seu padroado. Así mesmo, o sindicato presentará esta mesma semana unha denuncia na Inspección de Traballo.