Federación de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO Galicia | 12 diciembre 2024.

Fotografía de arquivo dunha protesta de CCOO en defensa do dereito ao aborto

O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia formalizou este xoves ante a valedora do pobo a queixa pola externalización por parte do Sergas das interrupcións voluntarias do embarazo (IVE). A licitación, prevista por tres anos —ampliables a cinco—, ten un valor de aproximadamente 1,4 millóns de euros. Para a secretaria xeral do sindicato, Amelia Pérez, resulta «intolerable» que a Xunta de Galicia xustifique a medida nunha suposta «falta de recursos, tanto materiais como humanos» e esíxelle cambios nas súas políticas para «garantir que as mulleres poidan exercer este dereito nos hospitais públicos».

Javier González, secretario xeral de CCOO-Sanidade, asina o plan

CCOO-Sanidade, xunto coas organizacións que integran a mesa sectorial do ámbito, asinaron esta semana o primeiro plan de igualdade do Sergas, que recolle gran parte das reivindicacións de Comisións Obreiras. O sindicato salienta que o 80 % do persoal sanitario son mulleres e que o plan axudará «a coñecer mellor as dificultades e evitar as barreiras que poidan supoñer discriminación», así como a incluír a perspectiva de xénero «de modo transversal en todas as áreas de actividade do Sergas».

citación inspección de traballo

  • O plan é obrigatorio para as empresas de máis de 250 traballadores e traballadoras; a Administración sanitaria ten perto de 35000.

A Inspección Provincial de Traballo da Coruña emitiu un requirimento instando o Servizo Galego de Saúde (SERGAS) a presentarse o vindeiro luns, día 26, na sede da autoridade laboral pola súa negativa a negociar o plan de igualdade. A Federación de Sanidade de CCOO de Galicia lembra que o dito plan é obrigatorio para as empresas de máis de 250 traballadoras e traballadores e a Administración sanitaria ten ao redor de 35.000.

  • O sindicato pide secundar a manifestación do vindeiro día 9 para defender os dereitos das mulleres

Mamen Sabio, secretaria de Políticas de Igualdad, e Emilia Lamas, secretaria de la Mujer

O Servizo Galego de Saúde está obrigado por lei á elaboración do dito plan. A federación de Sanidade de CCOO de Galicia conxuntamente co Sindicato Nacional de Galicia comunicou hoxe en rolda de prensa a denuncia a Inspección de traballo pola non convocatoria dun plan de igualdade no SERGAS.

APP

  • La Federación de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO (FSS-CCOO) lanza hoy, 28 de mayo, su nueva APP. Una nueva herramienta de comunicación, que nace por y para los y las profesionales de nuestro sector.