Federación de Sanidade e Sectores Sociosanitarios de CCOO Galicia | 13 abril 2026.

Aprobada a suba salarial do 0,5% pendente para os empregados públicos

  • [01/07/2025]. O persoal do SERGAS cobrará con efectos retroactivos ao 1 de xaneiro do 2024 o 0,5% de subida salarial pendente

01/07/2025.
SUBIDA 0.5% SERGAS

SUBIDA 0.5% SERGAS

O consello de Ministros aprobou hoxe martes 01.07.25 a suba salarial pendente do 0,5% para os empregados e empregadas públicos con efectos retroactivos ao 1 de xaneiro do 2024.

Este abono que estaba pendente formaba parte do Acordo Marco 2022-2024 para unha Administración do século XXI subscrito por CCOO e o Goberno.

Ainda que sen dúbida é unha boa noticia, dende CCOO lamentamos que este compromiso chegue con 18 meses de atraso.

O SERGAS procederá ó seu abono en nómina nos seguintes termos:

- Na nómina de xullo actualizaranse os importes co incremento e incluiranse os atrasos correspondentes ó ano 2025 (de xaneiro a xullo).

- Na nómina de agosto incluiranse os atrasos correspondentes a todo o ano 2024

Desde CCOO continuamos reclamando un novo Acordo Plurianual que garanta o emprego público, novas melloras salariais e os dereitos para os traballadores públicos.

FACEBOOK

TWITTER