Federación de Sanidade e Sectores Sociosanitarios de CCOO Galicia | 13 abril 2026.

A Xustiza recoñece o dereito do persoal de Vithas Fátima a computar o cambio de quenda como xornada efectiva

  • [22/06/2025]. A sentenza, a instancias dunha demanda de CCOO, sinala que o tempo destinado a informar os doentes é «de absoluta necesidade», de aí que se deba incluír no cálculo horario

22/06/2025.
Hospital Vithas Fátima de Vigo. Fuente: Google

Hospital Vithas Fátima de Vigo. Fuente: Google

A Federación de Sanidade de CCOO vén de obter unha importante vitoria xudicial para o persoal dohospital Vithas Fátima de Vigo. A sala do Social número 3 da cidade estimou a demanda de conflito colectivopresentada por Comisións Obreiras, recoñecendo que o tempo destinado á transmisión da información clínicanos cambios de quenda debe ser considerado como xornada laboral efectiva.

A sentenza establece que as profesionais dos servizos de enfermaría e persoal técnico en coidados auxiliaresde enfermaría (TCAE) que desenvolven a súa actividade nas áreas de hospitalización, urxencias e UCI teñendereito a que ese tempo —empregado na coordinación e traspaso de datos clínicos entre quendas— secompute dentro das 1770 horas anuais recollidas no convenio colectivo de aplicación.

Durante o procedemento xudicial acreditouse que o tempo investido nesta tarefa oscila aproximadamenteentre 15 e 20 minutos no caso do persoal de enfermaría e entre 10 e 15 minutos no caso do persoal auxiliar.

A maxistrada recoñece que esta transmisión de información entre quendas non só é unha práctica habitualsenón que «resulta de absoluta necesidade» co obxectivo de garantir «o adecuado tratamento e seguridadedos enfermos ingresados». Así mesmo, subliña que se realiza no posto de traballo, antes de iniciar e aorematar cada quenda, polo que debe considerarse tempo efectivo de traballo segundo a lexislación vixente e oconvenio colectivo.

Desde a Federación de Sanidade de CCOO valórase «moi positivamente» esta resolución xudicial, que supónun recoñecemento ao traballo imprescindible que realiza o persoal sanitario máis aló do tempo formal detraballo. O sindicato lembra que o cambio de quenda, lonxe de ser un simple trámite, «é un momento críticopara garantir a continuidade asistencial e a seguridade das persoas ingresadas».

CCOO continuará loitando para que este dereito se respecte e aplique en todos os centros sanitarios, e paraque se recoñeza o valor real do tempo e do esforzo que o persoal dedica ao coidado das persoas.

Documentación asociada
Documentación asociada

FACEBOOK

TWITTER