Federación de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO Galicia | 16 diciembre 2025.

CCOO rexistra máis de 2000 sinaturas do persoal do SERGAS para esixir a compensación dos días traballados de máis en 2025

  • [05/11/2025] A Federación de Sanidade de CCOO de Galicia rexistrou este mércores un escrito dirixido ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, para esixir a compensación dos días de xornada que están realizando de máis durante o ano 2025. A petición do sindicato acompáñase de máis de dúas mil sinaturas de traballadores e traballadoras do Servizo Galego de Saúde, que se suman ás máis de seiscentas rexistradas o pasado setembro co mesmo obxectivo.

05/11/2025.
CCOO reclama a compensación das horas traballadas a máis no SERGAS

CCOO reclama a compensación das horas traballadas a máis no SERGAS

Con esta acción, CCOO quere transmitirlle ao presidente, «se é que aínda non o sabe» —ironiza o sindicato—, que case a metade das traballadoras e traballadores do Sergas están a facer máis xornada da legalmente establecida para 2025, que é de 1533 horas anuais. Entre os colectivos máis afectados está practicamente todo o persoal de atención primaria e o persoal facultativo especialista hospitalario.

Comisións Obreiras lembra que, segundo a normativa que o regula, os descansos que se lle deben ao persoal débense gozar dentro do propio ano 2025. Do contrario, a Xunta de Galicia terá que facerse cargo das indemnizacións por exceso de xornada a partir do 1 de xaneiro de 2026.

«En resumo, ou Rueda compensa o persoal polos días que lle debe dentro deste ano 2025, ou pagarémolo todas as galegas e galegos do noso peto en 2026», advirte a secretaria xeral da Federación de Sanidade, Luz Fernández.

Con esta medida, CCOO defende o acordo asinado en abril do 2023 na mesa sectorial, que está a ser vulnerado pola Consellaría de Sanidade. Se a situación non se corrixe antes do 31 de decembro, o sindicato asesorará o persoal afectado para iniciar reclamacións xudiciais co obxectivo de esixir as indemnizacións económicas a que ten dereito.

Documentación asociada
Documentación asociada

FACEBOOK

TWITTER