Federaci贸n de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO Galicia | 16 diciembre 2025.

CCOO rexistrou este martes un escrito en Sanidade para esixir o cumprimento do acordo sobre a xornada laboral no SERGAS

  • [09/09/2025] Comisi贸ns Obreiras (CCOO) rexistrou no mediod铆a deste martes, 9 de setembro, un escrito na Consellar铆a de Sanidade co que lle esixe ao conselleiro que cumpra o acordo sobre a xornada laboral a que se chegou na mesa sectorial hai case dous anos e medio. Segundo o sindicato, 芦pola v铆a dos feitos禄, o departamento auton贸mico est谩 facendo caso omiso do pactado e obrigando a m谩is da metade do persoal do Sergas a facer m谩is xornada laboral da que deber铆a.

09/09/2025.
CCOO rexistrou este martes un escrito esixindo o cumprimento da xornada pactada no SERGAS

CCOO rexistrou este martes un escrito esixindo o cumprimento da xornada pactada no SERGAS

CCOO Sanidade rexistrou este martes un escrito esixindo o cumprimento da xornada pactada no Sergas 

O dito acordo, rubricado na mesa sectorial de abril do 2023, prevía reducir progresivamente a xornada anual ata situala en 1533 horas, equivalentes a 35 horas semanais, ademais de suprimir a obriga de traballar os sábados de mañá.

Este ano xa debería estar plenamente aplicado, pero o Sergas deu instrucións para incumprilo, de maneira que cada traballador ou traballadora afectada fará numerosas horas sen ningún tipo de compensación. Esta decisión prexudica a todo o persoal da atención primaria —tanto dos centros de saúde como dos PAC— e a todo o persoal dos hospitais sen quenda nocturna.

En total, «máis da metade dos 47 000 traballadores e traballadoras do Sergas padece este incumprimento», subliña a secretaria xeral de CCOO-Sanidade, Luz Fernández.

O conselleiro debe cumprir o asinado

Para CCOO, a solución a esta situación tena o conselleiro, Antonio Gómez Caamaño, a quen lle esixe que cumpra o asinado «da súa propia man» polo seu predecesor no cargo.

Documentaci贸n asociada
Documentaci贸n asociada

FACEBOOK

TWITTER