Federación de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO Galicia | 16 diciembre 2025.

Os sindicatos da mesa sectorial do SERGAS denuncian o bloqueo por parte da Consellaría

  • [30/09/2025] As organizacións sindicais con representación na Mesa Sectorial do Sergas (CCOO, CIG-Saúde, CSIF e UGT) denuncian a actitude de bloqueo da Consellaría. Este departamento, reunión tras reunión, continúa a «encher a mesa de contido baleiro e estritamente administrativo, sen abordar ningún dos problemas reais que afectan ao persoal do sistema sanitario público galego», aseguran.

30/09/2025.
Sede da Consellaría de Sanidade da Xunta de Galicia

Sede da Consellaría de Sanidade da Xunta de Galicia

Nun «momento clave», coa preparación dos orzamentos da Xunta, o Sergas négase a negociar o plan de ordenación da atención primaria e hospitalaria, o que fai prever que tampouco se incluirá a necesaria dotación económica para garantir cadros de persoal axeitados ás necesidades asistenciais.

As organizacións sindicais lembran que, a estas alturas do ano, o persoal de atención primaria continúa sen coñecer os seus calendarios laborais para 2026, nin existe data para a súa negociación. Ademais, o propio Sergas incumpriu o calendario de traballo comprometido a principios de ano, do que apenas executou un 20 %.

A esta situación engádese que o Sergas paralizou os cómputos de xornada en todas as xerencias por non ser quen de interpretar o acordo vixente. Esta decisión está a provocar que o persoal, tanto de atención primaria como hospitalaria, acumule unha débeda de xornada e se vexa obrigado a recorrer aos tribunais para defender os seus dereitos.

Os sindicatos consideran que isto demostra que o goberno de Rueda «utilizou e enganou» o persoal asinando un acordo de xornada moi beneficioso en vésperas das eleccións autonómicas, que se publicitou a través de mensaxes SMS para favorecer o voto, «sen intención real de aplicalo».

Documentación asociada
Documentación asociada

FACEBOOK

TWITTER