Federación de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO Galicia | 23 diciembre 2024.

OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DO SERGAS (OPE 2018)

  • CCOO cualifica de «insuficiente» a oferta pública de emprego
  • O sindicato critica que non se convoquen prazas de certas categorías e atribúeo á pretensión da Consellaría de privatizar os servizos a que pertencen

A Federación de Sanidade de Comisións Obreiras de Galicia cualifica de «insuficiente» a oferta pública de emprego (OPE) presentada este venres polo Sergas na mesa sectorial. O sindicato critica que non se convoquen prazas en certas categorías, como lavandaría ou mantemento, que levan unha década sen OPE ningunha.

CCOO atribúe este feito á pretensión da Consellaría de privatizar os servizos a que pertencen e seguirá a reivindicar que as prazas que agora non se convoquen si formen parte da vindeira oferta pública de emprego.

Desde CCOO-Sanidade lembran que a actual oferta pública de emprego é consecuencia da OPE excepcional solicitada, negociada e pactada por CCOO no ámbito do Estado, co obxectivo de regular centos de contratos en fraude de lei.

30/11/2018.
SERGAS

SERGAS

Na mesa do 30 de novembro o SERGAS ofertou 1.400 prazas para a OPE do ano 2018, que para CCOO son insuficientes en varias categorías e fundamentalmente nas categorías de xestión e servizos.

CCOO denuncia que, unha vez máis, non se oferten prazas en mantemento. Por isto CCOO solicitou na mesa sectorial que se convoquen todas as prazas destas categorías na seguinte Oferta Pública. O SERGAS comprometeuse a convocar as de mantemento. A non convocatoria de prazas en algún persoal non sanitario e a escasez das ofertadas en certas categorías non é unha casualidade, senon que é consecuencia da política privatizadora da consellería de sanidade e da Xunta de Galicia.

CCOO solicitou a eliminación da taxa de reposición e a recuperación das prazas perdidas nestes anos pasados por mor da mesma.

Cómpre lembrar que a actual Oferta Pública é consecuencia da OPE EXCEPCIONAL solicitada e pactada por CCOO no ámbito do estado e que en Galicia, igual que con outros acordos é recortada polo SERGAS en connivencia cos que non apostaron por dita OPE.

FACEBOOK

TWITTER