Federación de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO Galicia | 18 diciembre 2024.

PARTICIPA NO X CONGRESO FSS-CCOO

    Como cada catro anos, a Federación de Sanidade e Sectores Sociosanitarios de CCOO (FSS-CCOO) a vai inmersa na celebración dun novo proceso congresual, no que renova a Dirección da organización e reafirma a súa identidade como sindicato de clase no ámbito sociosanitario.

    30/07/2012.
    X Congreso

    X Congreso

    Estanse a vivir un dos momentos máis complicados no noso país para desenvolver un proceso congresual interno, non obstante, por outro lado representa a mellor ocasión para adaptar o sindicato ao novo contexto económico, caracterizado polos grandes recortes que afectan ao conxunto da sociedade e en especial ao mundo laboral. CCOO debe marcar nos procesos congresuales as liñas estratéxicas que o sindicato ten que ter en conta nos seguintes catro anos.

    O proceso comeza co máis importante, a definición dun borrador de programa de acción e estatutos no que se traslada a opinión do conxunto da afiliación. O texto está estructurado nunha visión ou análise de situación dos distintos temas que inciden na sociedade e se acompaña cunha liña de actuacións ou de posicionamento sindical e que se concretan cunha serie de medidas e de recursos necesarios para levar a cabo os obxectivos definidos no programa de acción federal.
    Este documento congresual foi elaborado polos actuais órganos de dirección e debatidas, emendadas e melloradas a través da discusión que se propón no centro de traballo e, en concreto, nas seccións sindicais.

    FALA, ESCOITÁMOSCHE

    A importancia da túa participación como afiliado ou afiliada na concreción final do programa de acción é vital, xa que este proceso é o nexo ideal para que os obxectivos se concreten, se trasladen aos centros
    de traballo e redunden en mellorar a atención que se lle preste ás afiliadas e afiliados. Por iso, cando se discute un relatorio, cada afiliado ou afiliada pode expresar a súa opinión de xeito individual sobre os temas que se propoñen e incidir coas súas achegas na mellora dos textos definitivos.

    Para participar nos congresos debes estar afiliado ou afiliada a data do 30 de Xuño. Así te garantes a participación activa no proceso interno do debate, que dará comezo a partir do mes de setembro, concluíndo en cos congresos da túa comunidade, entre os meses de outubro e novembro.

    A partir do mes de xullo, chegaranche ao teu domicilio os borradores dos textos, así como as convocatorias nas asembleas nas que se teñen que debater, mellorar e elixir os representantes que vos interese e que acudirán aos congresos de ámbito superior en representación vosa e que
    chegarán en última instancia ata o propio Congreso Confederal no que se debaterán as emendas de mellora que nacen no seo da Sección Sindical.

    O seguinte paso é elevar o debate dos textos nos que participas coas túas achegas ao Congreso da Federación Estatal, que se celebrará no mes de xaneiro e finalizará con todas as achegas de todas as organizacións no Congreso da Confederación Sindical do CCOO, que se realizará en febreiro de 2013.

    Ao final desta noticia podes consultar os programas de acción e estatutos, tanto da Confederación Sindical de CCOO coma da Federación Estatal de Sanidade.




    FACEBOOK

    TWITTER