Federación de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO Galicia | 18 diciembre 2024.

Asinado o convenio do Hospital Quirónsalud Miguel Domínguez de Pontevedra

  • Despois de máis dun ano de dura negociación, protestas e folgas, onte, 7 de xullo, asinouse o segundo convenio colectivo do Hospital Quirónsalud de Pontevedra.

11/07/2022.
concentración no Hospital Quirónsalud Pontevedra

concentración no Hospital Quirónsalud Pontevedra

Este convenio aplícase a 316 traballadoras e traballadores, que foron chamados polo comité de empresa (maioría de CCOO) a un referendo, o 6 de xullo. Votaron masivamente pola súa sinatura o 85 % dos participantes. O convenio asínase, entre outras, coas seguintes melloras:

  • Vixencia: 2021/2022.2021: 1,25 % de incremento máis unha paga de 125 €.
  • 2022: un incremento do 4 %.
  • Complemento de transporte: incremento nestas mesmas porcentaxes.
  • Xornada: 10 horas de redución anual.
  • Complemento días de especial significado: 75 € nocturno e 50 € diúrno.
  • Complemento días festivos: 15 €
  • Licenzas: incremento dun día por falecemento de familiar de terceiro grao.
  • Recoñecemento médico: ampliación de probas ao persoal masculino.Plan de igualdade: constitución dunha comisión de seguimento paritaria para o seu seguimento e aplicación.
  • Carrera profesional: mellora dos graos e incremento da porcentaxe económica .
  • Permiso lactación: ampliación de 2 días.
  • Auxiliares administrativos/as: paso automático a oficiais administrativos/as aos cinco anos.
  • Promoción interna: prioridade do persoal para cubrir as vacantes que se produzan.
  • Dereitos sindicais: ampliación de medios para o comité de empresa.

Desde Comisións Obreiras queremos agradecerlle ao conxunto do persoal o seu compromiso e alta participación neste longo proceso negociación, en especial nas folgas, asembleas e manifestacións que foron, sen ningunha dúbida, elemento fundamental na conquista e os avances que se produciron.

FACEBOOK

TWITTER