Federación de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO Galicia | 18 diciembre 2024.

Manifestación para salvar a Atención Primaria e recuperar a sanidade pública

    CCOO, xunto coas plataformas para a defensa da sanidade pública da área sanitaria de Vigo e SOS Sanidade, percorreu as rúas da cidade olívica en defensa do sistema sanitario público.

    13/05/2022.
    Manifestación defensa da sanidade

    Manifestación defensa da sanidade

    Para as organizacións convocantes, é o momento de volver unir forzas e facer visible o descontento da poboación galega coa política sanitaria da Xunta que está tentando o desmantelamento sistemático da Atención Primaria e da Sanidade Pública.

    Reivindican:

    Unha atención primaria digna, con profesionais suficientes para atender con tempo as persoas enfermas.

    Unha atención hospitalaria con capacidade para atender o 100% da cidadanía e acabar coas listaxes de espera, que están a danar gravemente a saúde da poboación.

    Contratación digna do persoal que permita unha atención de calidade.

    CCOO critica que a Xunta ten unha estratexia de desmantelamento e privatización que a cidadanía non pode permitir. Cómpre frear estas políticas para garantir o ben máis preciado, que é a saúde.

    FACEBOOK

    TWITTER