Federación de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO Galicia | 18 diciembre 2024.

O persoal do Hospital Quironsalud Miguel Domínguez mobilízase polo seu convenio

    04/06/2021.
    Imaxe da concentración na porta do hospital o pasado 23 de marzo

    Imaxe da concentración na porta do hospital o pasado 23 de marzo

    O pasado 23 de marzo comezou a negociación do convenio colectivo de Quironsalud Miguel Domínguez. Para iso foi necesario realizar unha concentración na porta do hospital, porque a empresa dilatou o inicio da negociación tres meses.

    Despois de 7 reunións celebradas, a empresa realizou unha proposta que podemos cualificar de lamentable, debido a que propoñen un incremento salarial do 0,5% ( 4,66€ mensuais en 2021 e outro tanto en 2022). Os números falan por si sós. Pero á empresa non lle chega con esta proposta ridícula, senón que pretende modificar o texto do convenio, con pasos atrás en materias como, vixencia, vacacións, licenzas e permisos, LD, permiso non retribuído, carreira profesional, promoción interna, etc.

    Á vista da pouca vontade negociadora da empresa, o Comité promoveu asembleas que se celebraron o 27 e 31 de maio, nas cales rexeitouse por unanimidade a proposta empresarial, tomándose o acordo de iniciar un proceso de mobilización, que comezará o próximo 7 de xuño. Estas concentracións defenderán uns salarios dignos, que conduzan a un recoñecemento profesional, por iso, esixirase uns incrementos lineais de 300€ en 2021 e 200 en 2022, cantidade esta, xa aplicada pola empresa a outros colectivos no ano 2021. Por outra banda esixirase, seguir no camiño da mellora de condicións laborais do convenio, en materias, como, xornada, licenzas e permisos, emprego, carreira profesional, conciliación vida laboral-familiar, etc.

    Na defensa dun convenio xusto, o próximo 7 de xuño entre as 14,45 e 15,30 horas, convocáronse concentracións na porta principal e de Urxencias do hospital Quironasalud Miguel Domínguez de Pontevedra.

    FACEBOOK

    TWITTER