Federación de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO Galicia | 18 diciembre 2024.

O persoal das residencias privadas mobilizarase polo seu convenio

  • A primeira protesta será o vindeiro 19 de maio en Santiago de Compostela

As traballadoras e traballadores das residencias privadas da terceira idade mobilizaranse en defensa do seu convenio, caducado desde o 31 de decembro do 2019. A mesa de negociación constituíuse o 25 de xuño de 2020, adiada pola parte empresarial debido á sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia sobre a compensación de festivos e pola situación de pandemia.

05/05/2021.
Os sindicatos anunciaron as mobilizacións hoxe nunha conferencia de prensa conxunta

Os sindicatos anunciaron as mobilizacións hoxe nunha conferencia de prensa conxunta

Após dez meses, CCOO, UGT e CIG constatan «con frustración» que non hai unha negociación real, onde se debateron os vinte primeiros artigos do convenio, pero a patronal négase a «todo o que sexa falar de temas económicos».

En todo este tempo, o persoal do sector non tivo incremento salarial, malia que continúa a facer un traballo «impecable» e un «esforzo enorme». A «recompensa» por este labor é «seguir atrasando a negociación do convenio», denuncian.

Por todo isto, os tres sindicatos anunciaron hoxe asembleas informativas co persoal e o comezo dun calendario de mobilizacións. A primeira, o vindeiro 19 de maio, ás 11 horas, diante da residencia DomusVi San Lázaro, en Santiago de Compostela.

FACEBOOK

TWITTER