Federación de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO Galicia | 22 noviembre 2024.

CCOO INFORMA SOBRE A COMISIÓN TÉCNICA DE OPE

  • Situación e cronograma dos procesos de OPE

15/12/2020.

Informámosvos do tratado na comsión técnica da OPE do 14-12-2020:

Nos arquivos que se xuntan a esta nova podedes consultar a información de cada un dos seguintes puntos.

1.- CONVOCATORIA 2019: AMPLIACIÓN DE PRAZAS:

Aprobáronse as resolucións de ampliación de prazas das convocatorias de OPE das categorías de: FEA, Médico/a de Admisión e documentación Clínica, Médico/a Asistencial do 061, Médico/a de Urxencias Hospitalarias, Terapeuta Ocupacional, Técnico/a en Farmacia e Pinche. Prevese a publicación destas resolucións no mes de xaneiro.

2.- CONVOCATORIAS DE OPE DE TELEFONISTA, PINCHE QUENDA DE DISCAPACIDADE INTELECTUAL E TÉCNICO/A EN FARMACIA POLA QUENDA DE DISCAPACIDADE INTELECTUAL.

No que respecta á categoría de Telefonista, no apartado de formación, non haberá limitación para os cursos de informática, e os cursos de prevención de riscos e xestión clínica terán unha puntuación máxima de 6 puntos (4 puntos na actualidade).

3.- INFORMACIÓN SOBRE A SITUACIÓN DOS PROCESOS ACTUALMENTE EN TRAMITACIÓN:

* Procesos de OPE das categorías que xa tiveron os exames (xaneiro-febreiro): A previsión é que se resolvan no 1º cuatrimestre do ano 2021.

* Previsión de exames dos procesos xa convocados:

1- Primeiro trimestre do 2021: PSX quenda de discapacidade intelectual.

2- Segundo semestre do 2021: FEA, Médico/a de Admisión e Documentación Clínica, Médico/a Asistencial do 061, Médico/a de Urxencias Hospitalarias, Técnicos/as Superiores Sanitarios/as, Técnico/a en Farmacia.

3 - Ano 2022: Pinche, Cociñeiro/a.

4.- CRONOGRAMA E PREVISIÓN DE PRÓXIMAS CONVOCATORIAS:

No primeiro trimestre de 2021 negociaranse na comisión téncica as convocatorias das seguintes categorías: Calefactor/a, Condutor/a, Costureiro/a, Electricista, Fontaneiro/a, Lavandeiro/a, Mecánico/a e Pasador/a de ferro, ademáis das categorías informáticas de Técnico Superior, de Xestión i Especialista de Sistemas e Tecnoloxías da Información, e Traballador/a Social.

CCOO solicitou que se inclúan na vindeira oferta de emprego do ano 2021 prazas de Albanel e Carpinteiro/a, xa comprometidas pola administración e non ofertadas dende o 2008.

CCOO tamén solicitou a oferta do 10% extra da taxa de reposición que aprobou o goberno central, de xeito que para o ano 2021 a oferta sexa do 110% da citada taxa.

FACEBOOK

TWITTER