Federación de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO Galicia | 13 octubre 2024.

Manifestación pola contratación estable na sanidade galega

  • Sábado, 27 de xuño, ás 12 horas, desde a alameda de Santiago de Compostela

As Federacións de Sanidade de CCOO, UGT e CIG convocan para o sábado, 27 de xuño, unha manifestación pola contratación estable na sanidade pública. A marcha partirá ás 12 horas da alameda de Santiago de Compostela. Os sindicatos alertan de que a precariedade laboral pon en perigo a saúde do persoal sanitario e da poboación galega en xeral.

23/06/2020.
A manifestación está convocada por CCOO, UGT e CIG

A manifestación está convocada por CCOO, UGT e CIG

Após dez anos de precariedade constante, os sindicatos esixen medidas para dotar de estabilidade os postos de traballo no sector sanitario público. Por esta razón, esixen que o Goberno do Estado elimine a taxa de reposición e que permita a convocatoria, en procesos selectivos, das prazas vacantes non cubertas desde o ano 2010.

Canto á Xunta de Galicia, os sindicatos ínstana a «deixar de eludir responsabilidades», xa que durante os mandatos de Mariano Rajoy non pediu a supresión da devandita taxa. Así mesmo, esixen negociar na mesa sectorial un plan de emprego que permita consolidar todas as prazas que levan unha década vacantes.

A precariedade laboral pon en perigo a saúde das/os traballadoras e a saúde da poboación galega en xeral.

As/os traballadoras/es temos dereito á estabilidade no traballo despois de 10 anos de precariedade laboral.

A poboación ten dereito a recibir unha asistencia sanitaria pública e de calidade.

Polo que, entre todas e todos temos que exixir ao goberno do estado e ao galego do Sr Feijóo que poñan fin a esta situación.

O goberno do Estado

Ten que por fin a taxa de reposiciónTen que permitir que se convoquen, nos procesos selectivos, as prazas vacantes non cubertas desde o ano 2010.

O goberno galego

Ten que deixar de eludir responsabilidades, solicitando dos demais o que el non cumpre. Durante o goberno de Rajoy nunca solicitou a eliminación da taxa de reposiciónAgora toca exixir con contundencia a eliminación da taxa de reposiciónNegociar na mesa sectorial un plano de emprego que permita consolidar o 100% das prazas vacantes desde o ano 2009.Para identificar as prazas vacantes reais, necesitamos ter un sistema que nos permita coñecer a situación real do cadro de persoal do SERGAS.Que de inmediato se publiquen as listas de contratacións de persoal facultativo dos hospitais.Que o SERGAS remate coa precariedade na contratación, deixando de fragmentar os contratos en días e horas.Que se negocie unha orde de vínculos para que o persoal sexa contratado pola causa que motivou a contratación.Que todas as contratacións se oferten respectando o pacto de contratacións.Que o SERGAS negocie o plan de continxencias da COVID-19 respectando o dereito á conciliación do persoal.

Por todo isto, por ti e por nós. Os sindicatos con representación na mesa sectorial do SERGAS, CCOO, CIG-SAÚDE e UGT, conxuntamente con todos os colectivos de persoal do SERGAS: celadorxs, enfermeirxs, fisioterapeutas, matronxs, médicxs, logopedas, psicólogxs, persoal de cociña, persoal de mantemento, persoal de administración, persoal investigador, PSX, técnicxs superiores, TCAEs…

Imos mobilizarnos conxuntamente na defensa dunha contratación estable na sanidade pública.

Necesitamos un cadro de persoal que contemple o “ratio” de persoal necesario para atender a demanda asistencial, e eliminar a precariedade laboral.

FACEBOOK

TWITTER