Federación de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO Galicia | 18 diciembre 2024.

Convocatoria do procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral

    Publicada en DOG a Resolución do 12 de novembro de 2012, da Dirección Xeral de Formación e Colocación, pola que se realiza a convocatoria pública do procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais.

    21/11/2012.

    Esta resolución ten por obxecto convocar, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, o procedemento para a avaliación e acreditación das competencias profesionais adquiridas polas persoas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación:

    1. Para un total de 900 prazas nas unidades de competencia das cualificacións profesionais de Confección e mantemento de artes e aparellos, Servizos para o control de pragas, Socorrismo en espazos acuáticos naturais; Socorrismo en instalacións acuáticas e Información xuvenil , segundo o disposto no Real decreto 1224/2009, do 17 de xullo, de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas pola experiencia laboral.

    2. Para as cualificacións profesionais Atención sociosanitaria a persoas no domicilio, e Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, de acordo co disposto no punto 3 da base terceira da Resolución do 23 de novembro de 2011, onde se establecía que as persoas solicitantes que, reunindo os requisitos de acceso, non entrasen nas prazas convocadas, poderían ser obxecto de asesoramento,avaliación e acreditación en etapas posteriores, sen necesidade de efectuar unha nova convocatoria; procédese a convocar para este procedemento:

    ? Todas aquelas persoas que quedaron nas listas definitivas de persoas en lista de espera na anterior convocatoria, publicada a través da Resolución do 23 de novembro de 2011; son un total de 989 persoas na cualificación profesional de Atención sociosanitaria a persoas no domicilio e un total de 502 persoas na cualificación profesional de Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais.

    ? Estas listas de persoas en lista de espera encóntranse publicadas na páxina web da consellería, no seguinte enderezo web:

    http://traballo.xunta.es/portada-reconecemento-experiencia-profesional

    ? Aquelas persoas que se encontren nestas listas non teñen que presentar nin nova solicitude nin ningunha documentación; só terán que formalizar o pagamento das taxas de acordo co que se recolle na base décima desta convocatoria.

    ? A partir do día 15 do mes decembro de 2012, a través da páxina web citada anteriormente indicaráselle a cada candidato o lugar, a data e a hora onde terá lugar a súa primeira reunión de asesoramento.

    Puntos de información

    1. A Consellería de Traballo e Benestar garantirá un servizo aberto e permanente que lles facilite información e orientación a todas as persoas que o soliciten.

    2. Nesta convocatoria, a información e orientación necesaria para aquelas persoas que queiran participar no procedemento será facilitada nos seguintes lugares:

    ? Nas oficinas do Servizo Público de Emprego de Galicia.

    ? Nas xefaturas territoriais da Consellería de Traballo e Benestar.

    ? Nos centros propios de formación profesional ocupacional da Consellería de Traballo e Benestar.

    ? Na Fundación Galega da Formación para o Traballo.

    ? No Instituto Galego das Cualificacións.

    3. En cada punto de información existirá polo menos un/unha profesional designado/a pola Consellería de Traballo e Benestar para o desenvolvemento destas funcións.

    4. Todas as persoas interesadas na obtención de acreditacións de unidades de competencia poderanse dirixir aos servizos de información e orientación para solicitar información xeral. Ademais, daráselles información sobre a documentación que deberán presentar, os requisitos de acceso e as datas e os lugares onde presentala.

    5. Esta información e orientación ten como finalidade facilitar que as persoas poidan tomar unha decisión fundamentada sobre a súa participación no procedemento.

    Requisitos de participación no procedemento:

    1. As persoas que desexen participar no procedemento deberán cumprir os seguintes requisitos:

    a) Posuír a nacionalidade española; encontrarse incluído, como residente comunitario ou familiar deste, no ámbito de aplicación do Real decreto 240/2007, do 16 de febreiro, sobre entrada, libre circulación e residencia en España de cidadáns da UE; ou ser titular dunha autorización de residencia en España en vigor.

    b) Ter 20 anos cumpridos no momento de realizar a inscrición.

    c) Ter experiencia laboral e/ou formación non formal relacionada coas competencias profesionais que se queren acreditar:

    c.1) No caso de experiencia laboral: para as unidades de competencia das cualificacións de nivel 2 e 3, xustificaranse polo menos 3 anos,cun mínimo de 2.000 horas traballadas en total nos últimos 10 anos, transcorridos antes de realizarse a convocatoria.

    c.2) No caso de formación non formal: para as unidades de competencia das cualificacións de nivel 2 e 3, xustificaranse polo menos 300 horas nos últimos 10 anos transcorridos antes de realizarse a convocatoria. Naqueles módulos formativos asociados á unidade de competencia que se pretende acreditar que recollan unha duración inferior, deberanse acreditar as horas establecidas neles.

    d) Non estar matriculados e/ou cursando simultaneamente un curso de formación profesional inicial (ordinario ou modular) ou para o emprego conducente á acreditación das unidades de competencia en que soliciten a súa inscrición ou non estar inscrito noutro procedemento de recoñecemento da experiencia profesional levado a cabo por calquera outra Administración ou organismo público,conducente á acreditación das unidades de competencia en que soliciten a súa inscrición. Tampouco poderán ter completado un curso de formación profesional inicial ou de formación para o emprego polo que teñan dereito á acreditación directa das mesmas unidades de competencia ou equivalentes ás que agora se convocan.

    2. Os candidatos, maiores de 25 anos, que reúnan os requisitos de experiencia laboral ou de formación indicados no punto anterior, e que non os poidan xustificar mediante os documentos sinalados na base 6 desta resolución, poderán solicitar a súa inscrición provisional no procedemento. Deberán presentar xustificación mediante algunha proba admitida en dereito da súa experiencia laboral ou aprendizaxes non formais de formación. A Dirección Xeral de Formación e Colocación estudará estes casos e decidirá sobre a procedencia ou non da participación da persoa candidata no procedemento.

    Prazos de inscrición no procedemento

    1. O prazo de inscrición para as unidades de competencia das cualificacións profesionais de Confección e mantemento de artes e aparellos e Servizos para o control de pragas rematará o 16 de decembro de 2012, inclusive.

    2. O prazo de inscrición para as unidades de competencia das cualificacións profesionais de Socorrismo en espazos acuáticos naturais,Socorrismo en instalacións acuáticas e de Información xuvenil abranguerá desde o 1 ao 31 de marzo de 2013, inclusive.

    FACEBOOK

    TWITTER