Federación de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO Galicia | 18 noviembre 2024.

Aberto prazo de inscrición aos cursos subvencionados do sector privado , farmacia e dependencia.

    A Federación de Sanidade e Sectores Sociosanitarios de CCOO(FSS-CCOO) informa que dende o 1 de novembro ábrese o prazo para a inscrición aos cursos gratuítos 2012 dirixidos a profesionais do ámbito sanitario e sociosanitario privado , oficinas de farmacia e dependencia e/ou axuda a domicilio.

    31/10/2012.

    Ano tras ano, a FSS-CCOO persegue cubrir coa súa oferta de plans formativos a maioría das necesidades e expectativas formativas do persoal destes sectores. Este ano, a pesar de que o Goberno impuxo unha importante redución de fondos (entorno ao 60%), a FSS-CCOO segue traballando na actualización e mellora da formación que promove e imparte.

    Para poder participar é requisito indispensable ser traballador ou traballadora en activo do sector correspondente, ao inicio do curso no que se fose seleccionado -por imperativo da Administración-, o que se deberá xustificar presentando unha fotocopia da cabeceira da nómina e do documento de identidade (DNI).

    Tamén poden participar nestes cursos aquelas persoas que acrediten atoparse en situación de desemprego. Cabe destacar que na convocatoria 2012, a Administración suprime a modalidade de impartición "a distancia", polo que, todos os cursos se impartirán en teleformación.

    Por este motivo, tamén será requisito indispensable dispoñer dun ordenador con acceso a internet e unha conta de correo electrónico. A partir do 1 de Novembro poderase realizar a inscrición, a través do espazo de formación da web da FSS-CCOO:
    http://sanidad-formacion.ccoo.es.

    Só tes que pulsar sobre a túa comunidade autónoma, e aparecerá a información completa sobre cada acción formativa.

    Cumprindo o compromiso de garantía de calidade da FSS-CCOO:

    . Todos os cursos dirixidos ao persoal sanitario están acreditados pola Comisión de Formación Continua do Sistema Nacional de Saúde(SNS).

    . Os dirixidos ao persoal non sanitario contan co correspondente Recoñecemento de Interese Docente Sanitario (RIDS).

    A FSS-CCOO promove este plan formativo a través de subvencións públicas, por iso debe ser especialmente coidadosa co tratamento que se lles dá. O feito de que sexan cursos gratuítos para os participantes pode levar a abandonos que non teñan unha xustificación.
    Neste caso, a FSS-CCOO reservarase para próximas convocatorias o dereito a non admitir alumnos ou alumnas que abandonasen algún curso sen a debida xustificación.

    ¡ a TÚA FORMACIÓN, o NOSO COMPROMISO¡



    FACEBOOK

    TWITTER