Federación de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO Galicia | 18 diciembre 2024.

Sanidade publica a convocatoria para o acceso á formación especializada

    25/09/2012.

    O Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade publica no Boletín Oficial do Estado (BOE) do sábado 22 de setembro a convocatoria para acceder a unha praza de formación sanitaria especializada o próximo ano. A oferta total para médicos é de 6.389 prazas e no caso de Enfermaría convocáronse 963.
    O prazo de presentación de solicitudes comeza o 25 de setembro e finaliza o 4 de outubro, ambos os dous incluídos
    Na convocatoria para os titulados médicos, biólogos, químicos,radiofísicos, psicólogos e farmacéuticos polo sistema de residencia, a oferta total ascende a 6.689, o que supón 452 prazas menos
    que o ano pasado. Pola súa banda, as prazas para as especialidades a formación das cales se imparte en réxime de escola (Farmacia Industrial e Galénica, Hidroloxía, Medicina da Educación Física e Medicina Legal e Forense), manteranse no mesmo número que na convocatoria pasada, 193.

    O prazo de presentación de solicitudes comeza o 25 de setembro e finaliza o 4 de outubro, ambos os dous incluídos. A instancia poderase descargar dende a páxina web do Ministerio de Sanidade a partir do día 25, na que tamén podes consultar toda a información relacionada coa convocatoria.
    Os exames terán lugar o 2 de febreiro de 2013. Así, o calendario queda do seguinte modo:

    - Prazo de presentación de instancias: do 25 de Setembro ao 4 de outubro de 2012, ambos os dous inclusive.

    - Exhibición das relacións provisionais de admitidos: a partir do 14 de novembro de 2012.

    - Exhibición das relacións definitivas de admitidos: a partir do 10 de xaneiro de 2013.

    - Data do exame: sábado, 2 de febreiro de 2013.

    - Exhibición dos equipos de respostas correctas: a partir do 11 de febreiro de 2013.

    - Prazo de reclamacións aos equipos de respostas correctas: 12, 13 e 14 de febreiro de 2013.

    - Reunión das Comisións Calificadoras: 25 e 26 de febreiro de 2013.

    - Exhibición das relacións provisionais de resultados: a partir do 1 de marzo de 2013.

    - Exhibición das relacións definitivas de resultados: a partir do 27 de marzo de 2013.

    - Actos de asignación de prazas: a partir do 9 de abril de 2013.

    - Prazo de incorporación: 20 e 21 de maio de 2013.


    FACEBOOK

    TWITTER