Federación de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO Galicia | 18 diciembre 2024.

A FSS-CCOO adianta a data da proba de acceso á especialidade de Enfermaría Xeriátrica

    A Federación de Sanidade e Sectores Sociosanitarios de CCOO (FSS-CCOO) foi informada por parte do Ministerio de Educación de que a proba obxectiva do acceso excepcional á especialidade de Enfermaría Xeriátrica se vai celebrar no último trimestre de 2012.

    29/06/2012.
    .

    .

    Os aspirantes, como nas anteriores especialidades -Enfermaría de Saúde Mental e do Traballo- terán dúas oportunidades para superar a proba. O Ministerio publicará no Boletín Oficial do Estado (BOE) as tres datas de celebración desta; a metade dos aspirantes estarán convocados para a primeira data e a outra metade para a segunda, quedando a terceira convocatoria para aqueles que non superaran a proba na primeira.
    O Ministerio estima que serán máis de 9.000 os aspirantes admitidos á proba obxectiva para obter a especialidade de Enfermaría Xeriátrica.

    FACEBOOK

    TWITTER