Federación de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO Galicia | 18 diciembre 2024.

O BOE publica as probas de homologación dos títulos de matrona e enfermeiro xeneralista

    O Boletín Oficial de Estade (BOE) publicou o día 30 de maio de 2012, as ordes polas que se convocan as probas para a homologación do título de matrona e enfermeira de coidados xerais, destinadas a aquelas persoas membros da Unión Europea que queren exercer a súa profesión a España

    01/06/2012.

    As probas constarán de dúas partes, un exercicio escrito e unha proba
    oral, tanto para o caso do título de matrona coma para o de enfermeira
    de coidados.

    O exercicio escrito constará de 80 preguntas que incluirá casos clínicos,
    e solo aqueles que superen esta fase poderán realizar o exercicio oral,
    no que o aspirante deberá responder ás preguntas que lle formule o
    Tribunal en relación cos casos clínicos formulados na primeira parte.

    Ambas as dúas ordes recollen que a celebración da primeira parte das
    probas se realizará durante o primeiro semestre deste ano, e prevén a
    realización de dúas convocatorias anuais.

    Tamén contemplan que as cualificacións de ambas as dúas probas e os
    prazos de reclamacións se publicarán na web do Ministerio de
    Sanidade publicará.

    Para máis información acerca da lista de persoas convocadas, a
    realización da proba, o temario ou prazos podes consultar as ordes
    publicadas no BOE que se achegan ao final desta información.

    FACEBOOK

    TWITTER