Federación de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO Galicia | 18 diciembre 2024.

CCOO convoca unha nova edición do curso dirixido a obter as especialidades de Enfermaría Pediátrica e Xeriatría

    20/02/2012. A matrícula deste curso, dirixido a superar a proba para obter o título de enfermeira especialista en Pediatría e en Xeriatría, pola vía excepcional, poderá formalizarse ata o próximo día 8 de marzo de 2012. Tras o éxito de participación deste curso, se oferta unha nova edición, que se inicia o próximo 12 de marzo. Unha iniciativa que é posible grazas ao acordo subscrito entre a Federación de Sanidade e Sectores Sociosanitarios de CCOO (FSS-CCOO) e o Grupo CTO, líder en aprobados nas probas MIR e EIR

    20/02/2012.
    Foto cartel

    Foto cartel


    A matriculación poderá formalizarse no espazo habilitado para iso na web da FSS-CCOO: 'http://sanidad-formacion.ccoo.es'. As persoas que, efectuando a preinscrición á primeira edición, non tiveron a oportunidade de acceder á formación, recibirán unha comunicación por parte da FSS-CCOO.

    O curso comezará o 12 de marzo e manterase activo ata a data de realización da proba oficial (duración prevista de case 1año). Previamente ao inicio do curso, o Grupo CTO, contactará cos alumnos e alumnas para facilitarlles as claves de acceso ao ámbito on-line.

    Metodoloxía
    O temario do curso on-line impartirase completo ao longo dos tres primeiros meses. Despois dese período, o alumnado seguirá tendo á súa disposición todos os contidos, exercicios, videoconferencias, glosario, etc. Así mesmo, contarase co soporte permanente dun titor para calquera dúbida, coa realización de novos test e/ou casos prácticos, unha vez ao mes. Repasarase de novo todo o temario cando falte un mes para a proba oficial.

    Para esta nova edición mantéñense os mesmos prezos competitivos. Así, para as pera os afiliados a CCOO é de 145?,as non afiliadas deberán aboar un sobrecoste de 90 euros, que non se aplicaría en caso de que se afiliasen por un período mínimo de 6 meses.


    FACEBOOK

    TWITTER