Federación de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO Galicia | 30 abril 2024.

Sanidad publica a relación definitiva de admitidos para a proba de formación sanitaria especializada

    Os aspirantes a realizar o exame o próximo 28 de xaneiro de 2012 para acceder a unha praza de formación sanitaria especializada xa poden consultar na web do Ministerio de Sanidade se solicitude foi admitida

    09/01/2012.
    Exames

    Exames

    Preme abaixo en Vínculos de interés relacionado para obter información personalizada sobre a convocatoria en curso e introduce o número de identificación (NIF, Pasaporte,...)
    co que se presentou a instancia.  Así mesmo, no Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade (Paseo do Prado, 18-20 -28071-MADRID), e nas Delegacións e subdelegaciones de Gobierno exhíbense tamén estas listas.
    Contra estas relacións definitivas pódese presentar recurso de Alzada no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa exhibición.

    En total, se ofertan 8.264 prazas para residentes, un 0,2 por cento menos que na convocatoria 2010/2011. Un feito xa denunciado pola Federación de Sanidade e Sectores Sociosanitarios de CCOO (FSS-CCOO) nun estudio que fixo público o pasado mes de setembro e no que considera esta redución un feito negativo xa que o Sistema Nacional de Saúde (SNS), segundo unha memoria realizada polo propio Ministerio, necesita incorporar un maior número destes expertos.
    Neste mesmo estudio, o sindicato valora positivamente o aumento de prazas para enfermeiros especialistas.

    A repartición de prazas é o seguinte:

    - Medicina: 6.707; Farmacia: 309; Química: 19; Bioloxía: 52; Psicoloxía: 141;
    Radiofísica hospitalaria: 34.

    - Enfermaría Obstétrico-Xinecolóxica (Matrona):458; Enfermaría de Saúde Mental: 198;
    Enfermaría do Traballo: 15; Enfermaría Pediátrica: 98; Enfermaría Familiar e Comunitaria: 219;
    Enfermaría Xeriátrica: 14.

    O Ministerio de Sanidade informa os aspirantes que deben comparecer ante a mesa de exame co documento acreditativo da súa identidade, ás 15:30 horas (14:30 horas en Canarias), do sábado 28 de xaneiro. Para contestar a folla de respostas, só se poderá utilizar bolígrafo e non está permitida a utilización de calculadora, agás no caso de aspirantes a prazas de Radiofísica Hospitalaria.
    O exercicio durará cinco horas máximo, agás Enfermaría, que se disporá de
    dúas horas máximo.


    Cabe recordar que o Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou o pasado 26 de setembro de 2010 a orde por a que se aprobaba a convocatoria de probas selectivas 2011 para o acceso no ano 2012, a
    prazas de formación sanitaria especializada para Médicos, Farmacéuticos e outros graduados/licenciados universitarios do ámbito da Psicoloxía, a
    Química, a Bioloxía e a Física; e tamén a que se refería ás prazas de formación sanitaria especializada para graduados/diplomados en Enfermaría.
    Ambos os dous documentos pódense consultar integramente ao final desta información.



    FACEBOOK

    TWITTER