Federación de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO Galicia | 18 diciembre 2024.

Sanidad publica a relación provisional de admitidos ás probas de acceso a Formación Sanitaria especializada en Enfermaría

    Os aspirantes teñen dez días naturais, a contar dende o sábado 19 de novembro, para presentar as correspondentes alegacións. Unha vez examinadas as reclamacións, a lista definitiva de admitidos publicarase o 4 de xaneiro de 2012, mentres que a celebración das devanditas probas están previstas para o próximo 28 de xaneiro. As persoas afiliadas á FSS-CCOO poderán inscribirse, con carácter permanente e importantes descontos, aos cursos que está Federación vén ofrecendo xunto ao Grupo CTO

    21/11/2011.


    As persoas aspirantes ás probas de acceso a Formación Especializada en
    Enfermaría poden consultar a lista de admitidos na pestana
    Profesionales da páxina web do Ministerio de Sanidade,
    Política Social e Igualdade (MSPI) e, dentro dela, no enlace
    Situación Persoal na Convocatoria Actual.

    Unha vez comprobada a exactitude dos datos, e en caso necesario, os
    candidatos e candidatas teñen dez días naturais de prazo, a contar dende
    o pasado sábado 19 de novembro, para presentar a oportuna reclamación.
    Para iso, deberán utilizar o modelo que se lles facilitará nos lugares onde se exhiben as listas.

    Así mesmo, e segundo o MSPI, este sería o último prazo para achegar
    ao expediente do aspirante a certificación académica persoal ou o
    título, que acrediten a obtención da Tese Doutoral e o Grao de Doutor. A data de obtención deberá ser anterior ao 7 de outubro de 2011, día en que finalizou o prazo de presentación de instancias.

    Finalmente, tal e como se anunciaba na convocatoria da proba, o exame
    terá lugar o 28 de xaneiro de 2012. De modo que, unha vez examinadas as reclamacións que se poidan presentar, as relacións definitivas de admitidos, unha vez aprobadas, se exhibirán a partir do 4 de xaneiro de 2012, e nelas se anunciarán as aulas e mesas de exame sinaladas a cada aspirante.

    A Federación de Sanidade e Sectores Sociosanitarios de CCOO
    (FSS-CCOO) recorda á súa afiliación que pode inscribirse, con
    carácter permanente e importantes descontos, aos cursos de Enfermeira
    Interna Residente organizados polo grupo CTO, que achega a súa
    dilatada experiencia e excelentes resultados. O acordo consiste nun desconto, para a afiliación a CCOO, dun 50% nos materiais (manual máis dous libros de resumos), e dun 20% no prezo do curso de elección, con posibilidade de liquidación en dous prazos.

    Para poder inscribirse, os afiliados e afiliadas deberán cumprir a folla
    de solicitude habilitada no espazo http://sanidad-formacion.ccoo.es/.

    FACEBOOK

    TWITTER