Federación de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO Galicia | 18 diciembre 2024.

CC OO acusa a Sanidade e o SERGAS de entraren ao «xogo» dos sindicatos corporativos e a non atender os principais problemas

  • Comisións acusa os sindicatos corporativos CESM e O'Mega de «vender fume» por convocaren unha folga «insolidaria» e desconvocala posteriormente «a cambio de nada»

15/11/2011.

A Federación de Sanidade de Comisións Obreiras de Galicia critica os sindicatos corporativos CESM e O'Mega por desconvocaren a folga prevista para mañá mércores, día 16 de novembro, «a cambio de nada». Desde o primeiro momento, CC OO non apoiou a «insolidaria» convocatoria porque non defendía os intereses xerais da sanidade pública, senón os dun sector «minoritario»

Segundo CC OO, hai meses o SERGAS decidiu de xeito «arbitrario» deixar de aboarlles a moitos facultativos e facultativas o complemento de produtividade variable (CPV). As xuntas de persoal, as comisións de centro e os sindicatos negociaron cambios nas condicións requeridas para o cobro do devandito complemento.

CESM e O'Mega aluden a unha acta de acordo para suspender a folga, pero a devandita acta recolle como conquistas «exactamente o que sa xe viña facer», isto é, que se negociarán os cambios das condicións para cobrar o CPV, ou que para iso se prestará atención ao contexto de crise económica. «Xustamente o que había antes de que convocasen a folga», sinala CC OO, de aí que acuse a estas organizacións de estaren a «vender fume».

Neste escenario, CC OO denuncia que a Consellaría e a «coalición médica» ?en referencia a CEMS e O'Mega? estean a «insinuar acordos que só afectan ao 18% do persoal», ao tempo que non atallan outros problemas, como no que respecta ao incumprimento do réxime de incompatibilidades, entre outros.

Os verdadeiros problemas

Para CC OO, o preocupante non é a «falsa publicidade» desta 'coalición', senón o «xogo» no que entran a Consellaría de Sanidade e o SERGAS nun momento en que o sistema sanitario público ten riba da mesa «problemas moi serios» que afectan a inmensa maioría dos traballadores e traballadoras do ramo, pero que non están a ser tratados na mesa sectorial.

Entre outras problemáticas, Comisións Obreiras sinala a falta de contratacións nos centros para a cobertura de ausencias por vacacións, incapacidades, e outras circunstancias. De feito, CC OO critica que se estea a «abusar» das horas extraordinarias do persoal fixo ?hai casos en que se realizan máis de mil horas adicionais?, así como o recurso á media xornada cada vez que se fai algunha nova contratación de persoal.

Canto ás contratacións temporais, CC OO critica o «negocio» que supoñen os listados de contratación temporal, para os cales as persoas interesadas teñen que pagar taxas de 17?. Tendo en conta que a inmensa maioría das persoas apuntadas non acabarán entrando no sistema sanitario público, «trátase de bolsas de paro, non de emprego», critica o sindicato.

FACEBOOK

TWITTER