Federación de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO Galicia | 18 diciembre 2024.

Hoxe, día 1 de setembro, comeza o prazo de matriculación para o curso dirixido a obter as especialidades de Enfermaría Pediátrica e Xeriátrica

    O curso dirixido a superar a proba para obter o título de enfermeira especialista en Enfermaría Pediátrica e en Xeriatría, pola vía excepcional, froito do acordo subscrito entre a Federación de Sanidade e Sectores Sociosanitarios de CCOO (FSS-CCOO) e o Grupo CTO, tivo unha grande acollida entre o colectivo. O prazo para a matriculación a este curso iniciarase o día 1 de setembro e finalizará o 14 de outubro de 2011, e poderá formalizarse en http://sanidad-formacion.ccoo.es/, tras finalizar o período de preinscrición.

    01/09/2011.
    Cartel del curso

    Cartel del curso

    As persoas que efectuaran previamente a preinscrición non deberán matricularse, a FSS-CCOO porase en contacto con elas para confirmar o seu interese en participar no curso.

    Duración, características e prezo do curso

    O curso comezará o día 14 de novembro de 2011 e manterase activo ata a data de realización da proba oficial (duración prevista de 1 ano).
    Previamente ao inicio do curso, o Grupo CTO, contactará cos alumnos e alumnas para facilitarlles as claves de acceso ao ámbito on-line

    O temario do curso on-line impartirase completo ao longo dos tres primeiros meses. Despois dese período, o alumnado seguirá tendo á súa disposición todos os contidos, exercicios, videoconferencias, glosario, etc., e o soporte permanente dun titor para calquera dúbida, coa realización de novos test e/ou casos prácticos unha vez ao mes. Repasarase de novo todo o temario cando falte un mes para a proba oficial.

    O prezo definitivo do curso para as persoas afiliadas a CCOO é de 145? As non afiliadas deberán aboar un sobrecoste de 90 euros, que non se aplicaría en caso de que se afilíen por un período mínimo de 6 meses.

    FACEBOOK

    TWITTER