Federación de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO Galicia | 18 diciembre 2024.

Máis de duascentas mil persoas defenden en Vigo a sanidade pública

  • O secretario xeral de CCOO-Sanidade, Ángel Cameselle, non entende que a conselleira e o xerente da área sanitaria continúen nos seus cargos

Máis de duascentas mil persoas percorreron o xoves á tarde as rúas de Vigo en defensa da sanidade pública. Pediuse con insistencia a dimisión dos responsables de que o novo hospital, o Álvaro Cunqueiro, teña menos camas das prometidas e comece a funcionar con notables deficiencias e servizos privatizados. Comisións Obreiras sinala que as primeiras semanas de funcionamento deste complexo confirman as denuncias previas do sindicato canto a recortes, privatizacións e copagamentos.

16/09/2015.
Manifestación

Manifestación

No que atangue aos recortes, Comisións denuncia que o Hospital Álvaro Cunqueiro (HAC) se inaugurou cun 40 % menos de camas, un terzo menos de quirófanos e a metade dos servizos de urxencias que se anunciaran antes das eleccións municipais do pasado maio.

Canto aos copagamentos, CCOO sinala os «desorbitados» prezos dos produtos das máquinas expendedoras ?o dobre ca noutros hospitais da cidade? ou de servizos opcionais como a televisión. Pero sobre todo destaca o aparcadoiro, o máis caro de todos os hospitais de Galicia que, ademais, pola súa reducida capacidade, só cobre o 12,5 % das necesidades de estacionamento para traballadores e traballadoras, así como para o resto da poboación. Ao tempo, os terreos públicos que rodean o centro, que se poderían utilizar para aparcar, continúan clausurados cun valado.

A «urxencia» por inaugurar o hospital ?e, polo tanto, para comezar a dar negocio á empresa privada? obrigou a que se estea xa a atender doentes malia que as obras non remataron. CCOO denuncia que a cidadanía está a «pagar as consecuencias» da decisión e lembra as numerosas deficiencias que a opinión pública puido coñecer nos últimos días, como grandes filtracións de auga nas instalacións hospitalarias e no aparcadoiro.

Destitución ou dimisión

Tras esta masiva manifestación, o secretario xeral de CCOO-Sanidade, Ángel Cameselle, afirma non entender como aínda continúan nos seus cargos a conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, e o xerente da área sanitaria de Vigo, Félix Rubial. En opinión do sindicalista, «estas persoas deben dimitir ou, cando non, deben ser destituídas» por seren «incapaces» de xestionar a sanidade pública.

FACEBOOK

TWITTER