Federación de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO Galicia | 18 diciembre 2024.

ELECCIÓNS SINDICAIS NA SANIDADE PÚBLICA GALEGA

  • O 6 de maio os traballadores da sanidade pública galega co seu voto elixirán aos seus representantes para os vindeiros catro anos
  • Dende CCOO pedímosvos que renovedes a vosa confianza nos e nas delegadas de CCOO, que vos acompañaron na loita nestes anos, co voso voto a CCOO nestas eleccións sindicais

Estimada/o compañeira/o:

O vindeiro 6 de maio, as traballadoras e traballadores do Sergas celebraremos as eleccións sindicais, probablemente as máis importantes en moitos anos. Nelas decidirase que persoas nos representarán os próximos catro anos nas xuntas de persoal de cada xerencia e, por extensión, na Mesa Sectorial do Sergas. Do resultado dependerá tamén, en gran medida, que poidamos frear a grave deterioración que están a sufrir a sanidade pública e as nosas condicións de traballo como consecuencia dos recortes, e que poidamos recuperar os dereitos que nos roubaron nos últimos anos.

23/04/2015.
Cartaz EESS

Cartaz EESS

O SINDICATO FAI O QUE A SÚA FORZA LLE PERMITE.

Para cumprir estes obxectivos, os traballadores e traballadoras de CCOO sabemos que a mellor ferramenta de que dispoñemos é a nosa propia organización. Necesitamos que todos os afiliados e afiliadas de CCOO apoien o sindicato, o seu sindicato, co seu voto, co obxectivo de gañar as eleccións. Sabemos que CCOO é a mellor opción, e a afiliación ten que demostralo acudindo masivamente o 6 de maio a votar á súa candidatura.

A participación das persoas que formamos CCOO non debería limitarse só a votar, senón ampliala para estarmos acompañados o día da votación polos nosos amigos e simpatizantes para apoiar a CCOO.

CCOO é o sindicato que estivo acotío coas traballadoras e os traballadores, loitando contra as privatizacións, contra o recorte do emprego e pola contratación; contra a conxelación salarial e o recorte das pagas extras; pola carreira profesional para todos; pola recuperación dos días de libres disposición (LDS) e adicionais de vacacións; contra o decreto de xestión clínica e unha longa lista de reivindicacións contra os recortes e as privatizacións.

CCOO é UN SINDICATO DE TRABALLADORES E TRABALLADORAS. No ámbito sanitario agrupamos diferentes colectivos e categorías de xeito unitario e solidario, traballadores/as cos mesmos problemas. Todos e todas somos vítimas de recortes, todos e todas podemos ser privatizados. Con CCOO, XUNTOS PODEMOS.

Outros sindicatos ?como CESM-OMEGA ou CIG? tiveron ao longo dos pasados catro anos unha cómoda maioría na mesa sectorial; maioría que non foron quen de aproveitar para unir a todas e todos baixo a reivindicación común da defensa do emprego público, do salario, dos dereitos. Non o fixeron nin o farán porque non cren nesa unidade. O seu corporativismo nun caso e o sectarismo noutro é o impedimento.

Hoxe pedímosche un pequeno esforzo: ata o 6 de maio, temos que pedirlle o voto aos compañeiros e compañeiras de todas as categorías para que CCOO gañe as eleccións porque, SE GAÑA CCOO, GAÑAMOS TODAS E TODOS.

CCOO, CONTIGO DÍA A DÍA

FACEBOOK

TWITTER