Federación de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO Galicia | 18 diciembre 2024.

A Xustiza dálle a razón a CCOO na defensa dunha persoa que pedira redución de xornada para coidar unha filla menor con doenza grave

  • A sentenza do Xulgado Contencioso-Administrativo n.º 2 de Vigo repróballe á xerencia do CHUVI a interpretación que fixo da normativa aplicable nestes casos

Comisións Obreiras de Galicia (CCOO) informa de que a Xustiza lles deu a razón aos servizos xurídicos do sindicato na defensa dunha persoa, traballadora do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI), á que se lle negou a redución de xornada para coidar unha filla menor de idade que padecía unha doenza grave.

10/02/2014.

A Xerencia do CHUVI rexeitou a finais de marzo do ano pasado a petición desta persoa, que solicitaba unha licenza de redución de xornada do 50 % para poder coidar da súa filla, que padecía unha enfermidade grave. O argumento para a negativa foi que este tipo de licenzas só se poderían outorgar se a menor estivese hospitalizada, non se se atopaba na casa.

O Xulgado Contencioso-Administrativo n.º 2 de Vigo desestimou os criterios da Xerencia do CHUVI e recoñécelle á persoa demandante o dereito á prestación económica da seguridade social por coidado de menores afectados por enfermidade grave, ao tempo que esixe que se lle pague o 50 % do salario que correspondería á redución de xornada solicitada. Ademais, esta resolución xudicial recoñécelle a prestación con efectos retroactivos e cos xuros devindicados desde o momento da solicitude.

A sentenza sinálalle ao CHUVI que, segundo o sentido literal da norma, non é necesario que o menor estea hospitalizado, senón que chega con que requira coidados permanentes por motivo da súa doenza grave, sexa no hospital ou no domicilio. De feito, repróchalle á Xerencia do hospital a interpretación que fixo para rexeitar a solicitude, xa que dese xeito «baleiraría de contido o permiso e impediría a consecución da súa finalidade», que non é outra que «permitir a conciliación da vida laboral e familiar nestas situacións tan difíciles», apunta CCOO.

Desde Comisións Obreiras lamentan que neste caso fora necesario  acudir á Xustiza e critican a interpretación restritiva da normativa que fixo o CHUVI, máis aínda tratándose dun caso dunha persoa menor afectada por unha doenza grave.

FACEBOOK

TWITTER