Federación de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO Galicia | 18 diciembre 2024.

CC OO denuncia que a Xunta non adaptou o programa formativo dos MIR de oncoloxía médica á normativa comunitaria

  • Case todas as comunidades autónomas adaptaron os programas formativos, non así Galicia

04/06/2013.

A Federación de Sanidade de CC OO de Galicia denuncia que a Xunta non adaptou o programa formativo dos médicos internos residentes (MIR) da especialidade de oncoloxía médica á normativa europea.

Segundo o sindicato, ata a publicación das novas directivas no BOE do pasado 13 de abril, estes especialistas estaban sen posibilidade de exercer a especialidade no espazo europeo porque non se recoñecía o título obtido no Estado español. Para CC OO, era unha situación «inxusta», por ser España o primeiro lugar no que se estableceu a metodoloxía de residencia como método de aprendizaxe.

Após a aparición no BOE, publicouse tamén a aprobación da actualización do programa formativo da especialidade, que establece que a duración será de cinco anos ?fronte aos catro de antes? e que se aplicará aos residentes que obteñan a praza de formación nas probas selectivas do 2012 e para o acceso no 2013.

Case todas as comunidades autónomas ampliaron xa ese ano de formación, pero non así Galicia, o que pode facer que os especialistas MIR galegos queden sen posibilidade de exercer a profesión no ámbito europeo.

Por esta razón, o secretario xeral de CC OO-Sanidade, Ángel Cameselle, insta a xunta a adaptar «inmediatamente» os programas formativos, xa que ademais de evitar un prexuízo para estes especialistas, farán mellorar a calidade da asistencia sanitaria no noso país.

FACEBOOK

TWITTER