Federación de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO Galicia | 18 diciembre 2024.

O TSXG estima o recurso de CCOO e anula unha orde da Xunta sobre a formación continuada na enfermaría

  • A sentenza condena tanto a Consellaría de Sanidade como o Consello Xeral de Colexios Oficiais de Enfermaría de España a pagaren 1200 euros de custas xudiciais cada entidade, 2400 en total

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) estima o recurso presentado polo Sindicato Nacional de Comisións Obreiras (CCOO) e anula unha orde da Xunta sobre formación continuada na enfermaría, concretamente a do 30 de xuño de 2014 de delegación de competencias no Consello Xeral de Enfermaría de España en materia de formación continuada.

23/03/2016.
Vista parcial da versión electrónica do DOG coa orde que agora anula a Xustiza

Vista parcial da versión electrónica do DOG coa orde que agora anula a Xustiza

CCOO-Sanidade felicítase por esta sentenza, xa que é das primeiras que se producen en España. Cómpre sinalar que se promulgaron en todo o estado ordes moi similares á galega, polas que os órganos competentes das comunidades autónomas delegan no Consello Xeral de Colexios Oficiais de Enfermaría de España as funcións de xestión e acreditación da formación continuada, incluíndo a expedición de certificacións individuais.

Como consecuencia desta orde, o dito Consello Xeral quedaba capacitado para certificar a formación impartida polos diferentes colexios profesionais que o integran. Precisamente, esa foi a principal razón do recurso de CCOO, xa que a normativa vixente obriga a que o organismo acreditador ?o Consello Xeral? sexa independente dos organismos encargados de impartir as actividades formativas ?os diferentes colexios profesionais.

A sentenza considera que, malia teren diferente personalidade xurídica o Consello Xeral e os colexios profesionais de enfermaría, existe entre eles unha relación estatutaria de carácter xerárquico na que o Consello ocupa a cúspide da pirámide.

Debido ao anterior, a sentenza conclúe que a obrigatoria independencia non existe, anula a orde da Xunta e condena as partes ?Consello Xeral e Consellaría de Sanidade? a pagaren as custas xudiciais, que ascenden a 1200 euros para cada entidade, en total 2400 euros.

FACEBOOK

TWITTER