Federación de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO Galicia | 20 abril 2024.

OPE SERGAS 2016: Insuficiente e con aires privatizadores

    16/02/2016.

    O pasado venres día 12 en MESA SECTORIAL, a dirección de Recursos Humanos oferta 818 prazas para convocar na O.P.E. deste ano.
    CCOO rexeita o número de prazas por ser insuficente, xa que como consecuencia das taxas de reposición, primeiro dun 10%, e o ano anterior dun 50%, a pérda de emprego é considerable. Ademáis as vacantes existentes na actualidade son moitas máis que as prazas que prevén convocar e que corresponden só ás xubilacións do 2015 (841) e restando os 23 reingresos.
    CCOO rexeita tamén a non convocatoria de prazas nalgunhas categorías non sanitarias como nas cociñas (pinches e cociñeiros), lavanderías (lavandeiras e pasadoras de ferro), mantemento, etc e tamén nalgunhas sanitarias como no caso das Auxiliares de Enfermaría.
    Para CCOO, en definitiva, a oferta é precaria e con aires privatizadores, xa que responde ao interés de seguir privatizando e de xeito especial aos colectivos non sanitarios.

    CRONOGRAMA DA OPE 2016:

    CATEGORÍAS F. P. SANITARIO E DIPLOMADOS SANITARIOS
    - O 18 de febreiro publicación en DOG das listaxes definitivas de admitidos/excluídos e de exentos de exame de galego.
    - No mes en curso publicarase o nomeamento dos tribunais.
    - Previsión exame: No mes de maio.

    OPE RESTO DE CATEGORÍAS.
    Convocaranse nun único proceso as OPES pendentes do 2015 e 2016 acumulando as prazas.

    PRAZAS DA CONVOCATORIA

    O SERGAS vai convocar para o ano 2016 818 prazas de persoal estatutario polo sistema de Concurso-Oposición.

    Persoal Facultativo: 351(Feas, asistencial e coordinador 061, familia e urxencias hospitalarias)

    Diplomado Sanitario y de Formac.Profesional:
    - Enfermeiro/a: 140
    - Técnico Sup. Documentación Sanitaria: 4

    Persoal de Xestión y Servizos:
    - Celador/a: 168
    - Enxeñeiro/a Técnico/a: 4
    - Grupo Auxiliar func.admtva: 85
    - Grupo Xestión func.admtva: 10
    - Persoal Servizos Xerais: 40
    - Persoal Técnico/a superior en PRL: 2
    - Técnico/a espec. sistemas e tecnoloxias informacion: 4
    - Traballor/a Social: 10

    FACEBOOK

    TWITTER