CCOO alerta de deficiencias na UCI Coronaria do CHUO

    A Sección Sindical de CCOO de Sanidade da EOXI de Ourense, Verín e O Barco da traslado da situación a Inspección de Traballo, alertando do risco existente tanto para pacientes como para traballadores a causa de deficiencias no espazo da unidade de coidados intensivos coronarios.

    16/07/2019.

    A Sección Sindical de CCOO Sanidade da EOXI de Ourense, Verín e O Barco, ven de solicitar a intervención da Inspección de Traballo "ante o estado desastroso no que se atopa o chan da UCI Coronaria do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense".

    Segundo informa CCOO no escrito presentado ante a Inspección de Traballo, "desde hai xa moitos meses, a Unidade de Coidados Intensivos coronarios ten

    buracos no chan, situación que implica riscos para a saúde de pacientes e traballadores debido a maior posibilidade de aparicións dalgún foco infeccioso derivado das deficiencias existentes nesa dependencia hospitalaria".

    CCOO informa que "acude agora a Inspección de Traballo, logo de que previamente, os delegados de Prevención de Riscos, xa alertaran por dúas veces ante o Comité de Saúde Laboral do CHUO respecto das deficiencias existentes na UCI coronaria, indicando do risco de accidente de traballo, sen que por parte da xestión do CHUO se fixasen solucións nin datas para as reparacións".

    "Ante a situación de risco evidente que consideramos existe na UCI coronaria do CHUO, e ante a ausencia de actuacións da Xerencia ao respecto, decidimos ir un paso máis alá presentando o oportuno informe ante a Inspección de Traballo para que actúe. Non podemos seguir poñendo en risco aos traballadores e usuarios deste servizo" afirman dende a Sección Sindical de CCOO.

    FACEBOOK

    TWITTER

    Esta web utiliza cookies propias y de terceros para optimizar su navegación. Si continúa navegando está dando su consentimiento para su aceptación y nuestra politica de cookies, haga click aqui para más información y ver cómo desactivarlas.