O persoal dos PAC advírtelle ao Sergas que «continuamos en folga»

  • O venres terá lugar en Santiago de Compostela unha asemblea do persoal para decidir os próximos pasos

Membros do comité de folga dos puntos de atención continuada (PAC) de Galicia compareceron hoxe perante os medios de comunicación para enviarlle unha mensaxe ao Sergas: «continuamos en folga». Tras a ruptura das negociacións, o persoal decidirá en asemblea o venres, 1 de marzo, os próximos pasos que darán.

28/02/2019.
Conferencia de prensa dos comités de folga. Primeira pola esquerda, Emilia Lamas, de CCOO

Conferencia de prensa dos comités de folga. Primeira pola esquerda, Emilia Lamas, de CCOO

Desde o comité de folga avanzan que a intención é «intensificar as protestas», incluso aproveitando actos da campaña electoral, para «darlle máis visibilidade ás nosas reivindicacións».

Así mesmo, salientaron o feito de que os servizos mínimos sexan do 100 % lles dá a razón. «Se o persoal imprescindible para un axeitado funcionamento é equivalente a todo o persoal actual, está claro que cómpre revisar e mellorar a dotación», sentenciaron.

Pola súa parte, Emilia Lamas, secretaria de Organización de CCOO-Sanidade e membro deste comité, lembroulle ao Sergas que a proposta presentada pola Administración foi rexeitada tanto por Comisións Obreiras como pola maioría do persoal, e reivindica unha negociación «real».

FACEBOOK

TWITTER

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para optimizar su navegación. Si continúa navegando está dando su consentimiento para su aceptación y nuestra politica de cookies, haga click aqui para más información y ver cómo desactivarlas.