Cartel coa información dos encontros sectoriais

  • O secretario xeral confederal, Unai Sordo, e a secretaria confederal da Muller, Elena Blasco, estarán na Coruña o 2 de marzo

Entre o 22 de febreiro e o 7 de marzo, o Sindicato Nacional de CCOO de Galicia organiza encontros sectoriais para preparar a folga do vindeiro 8 de marzo, que se desenvolverá so o lema «Vivas, libres, unidas pola igualdade». Os encontros terán lugar en Lugo, A Coruña (en dúas ocasións), Ferrol, Ribeira, Santiago de Compostela e Ourense.

Mamen Sabio (esq.), de CCOO, e Mónica Rodríguez (der.), de UGT, amosan o rexistro da folga

O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras e UGT-Galicia presentaron esta mañá en conferencia de prensa a folga convocada para o vindeiro 8 de marzo e as mobilizacións previstas. Como xa se avanzou días atrás, CCOO e UGT acordaron paros de dúas horas de duración: das 00:00 ás 02:00, das 12:00 ás 14:00 e das 19:30 ás 21:30. Tras a comparecencia perante os medios de comunicación, as organizacións sindicais rexistraron formalmente a convocatoria.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para optimizar su navegación. Si continúa navegando está dando su consentimiento para su aceptación y nuestra politica de cookies, haga click aqui para más información y ver cómo desactivarlas.