Federación de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO Galicia | 11 agosto 2025.

O SERGAS abre o prazo para recoñecer novos graos de carreira profesional (convocatoria 2025)

  • [11/08/2025]. Os profesionais interesados poderán presentar as súas solicitudes desde o 12 de agosto ata o 30 de setembro a través do FIDES, utilizando un certificado dixital válido. Esta convocatoria permite avanzar nos graos I a IV, recoñecendo diferentes méritos e co obxectivo de valorar e impulsar o desenvolvemento profesional dos traballadores

11/08/2025.
Edificio da Consellería de Sanidade

Edificio da Consellería de Sanidade

No DOG de hoxe 11.08.2025 publícase a Resolución do 21 de xullo da Dirección Xeral de RRHH do SERGAS pola que se convoca ou procedemento ordinario de acceso aos graos I a IV da carreira profesional correspondente ao ano 2025.

Progresar na carreira profesional é un dereito dos profesionais en recoñecemento ao seu desenvolvemento en coñecementos, formación, experiencia, investigación, docencia e demais aspectos relevantes, no seu caso, para a profesión, grupo ou categoría profesional correspondente, así como a súa participación nos obxectivos da organización.

Peticións do grao: farase a través do FIDES na pestana específica habilitada e será preciso un certificado dixital válido para firmar a solicitude.

Prazo de presentación de solicitudes: do 12.08.2025 ao 30.09.2025 (ambos os días incluídos).

Requisitos para o recoñecemento do grao: ter a permanencia esixida no grao anterior, ter os méritos necesarios para obter o grao (que deberán estar rexistrados e acreditados ca data límite do 30 de setembro) e estar en servizo activo (ou ter reserva de praza) calquera día entre o 1 de agosto e o 30 de setembro.

Méritos que se valoran: os acadados dende a data de efecto administrativo do grao anterior ata o último día de prazo de presentación de solicitudes desta convocatoria (30 de setembro).

Efectos económicos das resolucións estimatorias: a partir do 1 de xaneiro de 2026 e percibirase o 100% do valor do complemento de carreira.

É importante lembrar os cursos de ACIS que outorgan 1 punto dentro da área IV (implicación e compromiso coa organización). Son: “a comunicación coas persoas xordas na consulta” (código 2518370) e “sostibilidade no Servizo Galego de Saúde” (código 2518710). 

Enquisas de avaliación da área I (competencias persoais): estarán dispoñibles durante o mes de outubro.

Hai que lembrar que a FSS-CCOO de Galicia logrou no ano 2022 que máis de vinte mil traballadoras do SERGAS e entidades adscritas á Consellería de Sanidade fosen incluídos na carreira profesional. O Tribunal Supremo deu a razón a CCOO e considerou que a carreira forma parte das condicións de traballo, polo que non procede ningún tipo de discriminación cara ao persoal temporal.

Enlaces de interese:

1. Orde do 20 de xullo de 2018 pola que se publica o Acordo sobre as bases da carreira profesional ordinaria no SERGAS. DOG luns 30 de xullo de 2018. 

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180730/AnuncioC3K1-200718-0001_es.html

2. Orde do 1 de marzo de 2022 pola que se aproba o baremo da área I da carreira profesional do SERGAS. DOG mércores 9 de marzo de 2022.

https://www.sergas.es/Recursos-Humanos/Documents/22288/_Orden%20de%201%20de%20marzo%20de%202022%20area%20I.pdf

 3. Orde do 21 de xullo de 2021 pola que se aproba o baremo das áreas III e IV da carreira profesional do SERGAS. DOG venres 6 de agosto de 2021.

 https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210806/AnuncioC3K1-270721-0004_es.html

4. Convocataria 2025 de carreira profesional no SERGAS:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250811/AnuncioG0003-220725-0004_es.html

FACEBOOK

TWITTER