Federación de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO Galicia | 2 agosto 2025.

CCOO Sanidade participou nas mobilizacións contra as listaxes de espera no SERGAS

  • CCOO Sanidade Galicia participou o xoves, 12 de xuño, nas mobilizacións convocadas pola Plataforma SOS Sanidade Pública en varias localidades do país. Con esta acción reclamáronse solucións para as listaxes de espera, que as organizacións que integran a plataforma, entre elas CCOO, consideran «intolerables» e mostra da deterioración progresiva da sanidade pública.

17/06/2025.
Manifestación en Vigo

Manifestación en Vigo

As mobilizacións tiveron lugar baixo o lema «Listas de agarda. Máis transparencia. Máis recursos públicos», coa finalidade de visibilizar a situación crítica pola que atravesa o sistema sanitario galego. A plataforma alerta do risco de colapso irreversible da atención primaria e da existencia de listas de espera que non se reflicten nos datos oficiais do Sergas, afectando xa a máis do 30 % da poboación en espera.

No anuncio estas mobilizacións, desde SOS advertiuse que a espera media para recbir atención nun centro de saúde supera xa os sete días, e nalgúns casos chega ás dúas semanas ou mesmo o mes. A falta de profesionais e a sobrecarga asistencial están detrás dun modelo que favorece o desvío de pacientes á sanidade privada.

Desde días antes, CCOO subliñou a importancia de apoiar estas mobilizacións, como expresión do rexeitamento social á progresiva deterioración do sistema sanitario público.

FACEBOOK

TWITTER