Federación de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO Galicia | 28 abril 2024.

SOS Sanidade convoca unha manifestación para o 4 de febreiro e propón trece medidas «urxentes»

    A Plataforma SOS Sanidade Pública, da cal forma parte o Sindicato Nacional de CCOO de Galicia, convoca unha manifestación en Santiago de Compostela para o vindeiro 4 de febreiro. A marcha partirá ás 12:00 da Alameda de Santiago de Compostela.

    29/01/2024.
    SOS Sanidade convoca manifestación para o 4 de febreiro, ás 12 h, en Santiago de Compostela

    SOS Sanidade convoca manifestación para o 4 de febreiro, ás 12 h, en Santiago de Compostela

    SOS Sanidade esixe a adopción de trece medidas «urxentes» a prol da sanidade «que queremos e merecemos» en Galicia. Entre outras, cabe salientar o incremento da atención primaria de xeito que represente o 25 % do total do gasto sanitario público, en liña coas recomendacións da Organización Mundial da Saúde.

    Tamén pide o aumento de persoal de medicina de familia, pediatría e enfermaría; a apertura dos centros de saúde pechados e a creción doutros novos onde for preciso; aumentar o número de ambulancias asistenciais e medicalizadas; un plan para racionalizar as listaxes de espera hospitalarias ou garantir que a atención médica e control da saúde das persoas dependentes se faga na sanidade pública.

    Outras peticións da Plataforma son a volta ao sistema público dos servizos privatizados —neste sentido, menciona explicitamente o Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo—; erradicar as prácticas clientelares na xestión; restablecer as xerencias de atención primaria, dotándoas ao tempo de capacidade resolutiva e orzamento propio; ou reorientar o sistema para un modelo comunitario e participativo.

    Finalmente, SOS Sanidade insta a elaborar de xeito consensuado un Plan de saúde mental; dar cabo da precariedade laboral no sistema sanitario público; e, por último, «desmedicalizar» o sistema, acabando co uso «irracional e abusivo» dos fármacos e das novas tecnoloxías.

    FACEBOOK

    TWITTER