Federación de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO Galicia | 4 marzo 2024.

SOS Sanidade convoca unha manifestación o 12 de febreiro en defensa da atención primaria

  • CCOO forma parte da Plataforma SOS Sanidade Pública. A marcha partirá ás 12 horas da Alameda de Santiago de Compostela e rematará na praza do Obradoiro.

10/02/2023.
Cartaz manifestación

Cartaz manifestación

SOS Sanidade Pública denuncia falta de persoal, de orzamentos e de organización, así como as limitacións no acceso da poboación aos centros de saúde, aos servizos de pediatría e aos PAC. As organizacións que a integran denuncian a deterioración da principal porta de acceso á sanidade pública, así como do conxunto do sistema sanitario, como se pode comprobar co colapso das urxencias e o aumento das listaxes de espera.

Esta mobilización será tamén a culminación do proceso de recollida de sinaturas e de mobilizacións que levan meses promovendo as organizacións sociais inmtegrantes da plataforma para que o Parlamento de Galicia debata e aprobe unha iniciativa lexislativa popular (ILP) en defensa da atención primaria.

SOS Sanidade Pública denuncia falta de persoal, de orzamentos e de organización, así como as limitacións no acceso da poboación aos centros de saúde, aos servizos de pediatría e aos puntos de atención continuada —«moitos deles, pechados», puntualiza a plataforma.

FACEBOOK

TWITTER