Federación de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO Galicia | 25 febrero 2024.

CCOO asina o convenio de residencias privadas de maiores que beneficiará a preto de dez mil traballadoras e traballadores

    A Federación de Sanidade e Sectores Sociosanitarios de CCOO asinou este xoves, 31 de marzo, o novo convenio de residencias privadas de maiores, que beneficiará a preto de dez mil traballadores e traballadoras. O convenio levaba negociándose desde o 2020 e, tras un conflito que incluíu mobilizacións e folga, chegou a bo porto cunha mediación no Consello Galego de Relacións Laborais.

    01/04/2022.
    Comisións salienta que a mobilización e a implicación do persoal do sector foron «a chave do desbloqueo» das negociacións. Na fotografía, concentración de delegadas de CCOO diante da Xunta de Galicia

    Comisións salienta que a mobilización e a implicación do persoal do sector foron «a chave do desbloqueo» das negociacións. Na fotografía, concentración de delegadas de CCOO diante da Xunta de Galicia

    Precisamente, CCOO salienta que a mobilización e a implicación do persoal do sector foron «a chave do desbloqueo» dunhas negociacións que se enquistaran pola actitude da patronal, reticente a incluír as demandas das traballadoras e traballadores.

    Máis salario, menos xornada

    O novo convenio terá vixencia ata o 31 de decembro do 2023 e inclúe distintas melloras económicas e laborais que serán de aplicación a todo o persoal das residencias privadas de maiores. Entre outras, unha importante mellora salarial para todas as categorías profesionais, que chegará ao 7,5 % ao remate da vixencia do convenio.

    Ademais, por vez primeira en máis de quince anos, o convenio recolle unha redución da xornada laboral anual, que será de sete horas no 2022 e outras sete no 2023.

    Outras melloras sociais

    O convenio tamén recolle outras melloras de carácter económico e social, como os permisos e o seu gozo, melloras nas cantidades que se percibirán nas pagas extraordinarias ou no aboamento correspondente ás vacacións.

    Doutra banda, CCOO-Sanidade salienta que, dada a escasa vixencia do convenio —pouco máis de ano e medio—, senta unhas «bases sólidas» para a negociación dun novo acordo xa a partir do ano 2024, no que Comisións traballará para incluír máis melloras «que redunden no necesario recoñecemento e posta en valor do persoal dun sector esencial».

    Documentación asociada
    Documentación asociada

    FACEBOOK

    TWITTER