Federación de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO Galicia | 26 abril 2024.

O persoal das residencias privadas de Galicia inicia as mobilizacións en defensa do seu convenio

    O persoal das residencias privadas de Galicia inicia este mércores a loita en defensa do seu convenio. As negociacións están bloqueadas debido á gran distancia que separa as propostas sindicais da postura adoptada pola patronal. CCOO, UGT e CIG convocan hoxe unha manifestación en Santiago de Compostela (entre a Xunta e o Parlamento), previa á folga indefinida que comeza mañá, xoves.

    16/03/2022.
    Traballadores e traballadoras das residencias sitúanse ás portas da Xunta de Galicia

    Traballadores e traballadoras das residencias sitúanse ás portas da Xunta de Galicia

    Ao redor de dez mil traballadoras e traballadores están chamados a secundar o paro en defensa do seu convenio. Iria Estévez, responsable de residencias de CCOO-Sanidade, lamenta que a precariedade laboral vaia camiño de «se converter en crónica».

    Segundo a sindicalista, hai salarios que están «por baixo do SMI, pero non deste último acordado, senón dos anteriores, que eran inferiores». CCOO rexeita a negativa da patronal a actualizar os salarios do persoal, malia que as empresas si aplicaron a suba do IPC ao prezo das prazas que ofertan.

    Estévez lembra que o sector foi dos máis prexudicados pola pandemia, que se sumou á falta de profesionais, o que ocasiona unha sobrecarga de traballo que non se compensou. «A crise da covid fixo patente que se precisa contratar máis, porque a situación é insostible», denuncia a voceira de CCOO.

    FACEBOOK

    TWITTER