Federación de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO Galicia | 10 diciembre 2024.

Folga en QUIRÓNSALUD de Pontevedra pola falla de acordo na negociación do convenio

  • A partir do día 15 de marzo, os máis de trescentos traballadores e traballadoras do Hospital Quirónsalud de Pontevedra están convocados á folga polo comité de empresa, con maioría de CCOO.

16/03/2022.
Folga Quirónsalud

Folga Quirónsalud

Na actualidade, a empresa ten 19 categorías profesionais e unha táboa salarial que está comprendida entre os 1256 euros da categoría de médico e os 938 euros da categoría de auxiliar administrativo. Existen catro categorías profesionais, entre as que se atopan celadores, sanitarios e auxiliares de enfermería, cun salario mensual inferior ao SMI.

No relativo ao incremento salarial, a empresa ofrece o 1 % para o ano 2021, cando o incremento do IPC foi do 6,5 %, e para o ano 2022 ofrece un incremento do 3 %, cando o IPC en febreiro xa está no 7,4 % e con previsión de seguir aumentando.

A Federación de Sanidade e Sectores Sociosanitarios (FSS) de CCOO de Galicia non admite que a sanidade privada se sustente nuns salarios de miseria, na que multinacionais como Quirónsalud explotan sen rubor os seus traballadores e traballadoras, mentres destinan grandes cantidades de diñeiro á publicidade dos servizos que ofertan, á custa do sacrificio do persoal.

Desde CCOO mobilizarémonos cos traballadores e traballadoras na defensa dun convenio digno que garanta a mellora nas condicións de traballo e uns salarios que non reduzan o escaso poder adquisitivo do persoal, porque a calidade asistencial non pode ser custeada polos traballadores/as.

FACEBOOK

TWITTER