Federación de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO Galicia | 4 marzo 2024.

Convocada folga nas residencias privadas de maiores e centros de día para o día 17 de marzo

  • Dez mil traballadoras e traballadores de residencias privadas de Galicia están chamados á folga
  • O comité de folga presentará este venres, 25 de febreiro, un escrito perante o Valedor do pobo

CCOO, UGT e CIG convocan folga no sector das residencias privadas de toda Galicia debido á gran distancia que separa as propostas sindicais da postura adoptada pola patronal. Ao redor de dez mil traballadoras e traballadores estarán chamados a secundar o paro en defensa do seu convenio. A folga indefinida dará comezo o vindeiro día 17 de marzo, ás 22:00 horas.

19/02/2022.
Iria Estévez, responsable de residencias privadas e sanidade privada da FSS-CCOO de Galicia

Iria Estévez, responsable de residencias privadas e sanidade privada da FSS-CCOO de Galicia

CCOO, UGT e CIG convocan folga no sector das residencias privadas de toda Galicia debido á gran distancia que separa as propostas sindicais da postura adoptada pola patronal.

Ao redor de dez mil traballadoras e traballadores estarán chamados a secundar o paro en defensa do seu convenio. Os tres sindicatos explicaron os detalles nunha conferencia de prensa que tivo lugar o venres, 18 de febreiro.

Na rolda de prensa participou unha representación das tres centrais sindicais. Por parte de CCOO participaron o secretario xeral e a responsable de residencias privadas e sanidade pública da FSS-CCOO de Galicia, Javier González e Iria Estévez.

Iria Estévez, lamentou que  a "precariedade" laboral no sector das residencias privadas "vai camiño de se convertir en crónica", e apuntou como exemplo que hai salarios que están "por baixo do SMI, pero non deste último acordado, se non dos anteriores que eran máis baixos". Estévez criticou a negativa da patronal a actualizar os salarios do persoal, mentres as empresas "sí que aplicaron a subida do IPC ao prezo das prazas".

 Desde as organizacións sindicais lembran que se trata do sector máis prexudicado pola pandemia, onde a fuga de profesionais é constante debido aos baixos soldos e onde a carga de traballo é insostible polo déficit de contratacións —malia que a crise sanitaria puxo de manifesto que é preciso máis persoal—. A patronal incluso se nega a revalorizar os salarios, pese a que o convenio vixente ten cláusula de revisión.

 

FACEBOOK

TWITTER