Federación de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO Galicia | 25 abril 2024.

Concentracións por un convenio digno para a sanidade privada da provincia de Pontevedra

    13/12/2021.
    Cartaz concentración

    Cartaz concentración

    Tras máis de dous anos dende a denuncia do convenio aínda vixente, e tendo sufrido unha crise sanitaria na que todo o persoal deixouse a pel, a patronal continúa sen querer recoñecer nun convenio as melloras que este colectivo precisa.

     Néganse a negociar as nosas propostas de cláusulas de garantía salarial no convenio, que eviten a perda de poder adquisitivo das traballadoras e traballadores. Non están dispostos a regularizar as táboas salariais, nas que continúan existindo categorías por debaixo do SMI. Condicionan un posible incremento salarial (propoñen un 0,8 anual) a unha renuncia pola nosa banda de negociar a xornada anual, a cal leva sendo a mesma dende máis de oito anos.

    Por estes, entre outros motivos, chegou a hora de saír a reivindicar os nosos dereitos. Durante a pandemia evidenciouse o esenciais que son as nosas profesións, é hora de recoñecelas nun convenio digno.

    Por isto os días 15 e 22 de decembro mobilizámonos por un convenio digno para a sanidade privada da provincia de Pontevedra!

    O 26 de xaneiro retomamos as mobilizacións!

    FACEBOOK

    TWITTER