Federación de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO Galicia | 18 diciembre 2024.

Os sindicatos esixen o reforzamento da atención primaria

    Os sindicatos da mesa sectorial da sanidade pública, Comisións Obreiras (CCOO), UGT, CIG, CSIF e SATSE concentráronse este martes fronte á Consellaría de Sanidade, en Santiago de Compostela. Alí esixíronlle á Administración que abra unha negociación para solucionar os graves problemas que padece a atención primaria.

    19/10/2021.
    «Solucións para a atención primaria. Non máis recortes»

    «Solucións para a atención primaria. Non máis recortes»

    A concentración tivo lugar unha hora antes do comezo da mesa sectorial. Precisamente, a convocatoria para esta xuntanza chegou o mesmo día en que se anunciaba esta protesta, denuncia o secretario xeral de CCOO-Sanidade, Javier González.

    O dirixente sindical explicou que CCOO reclamará na mesa sectorial un plan de futuro para a atención primaria. «A situación é grave e non hai posibilidade de agochala debaixo dunha alfombra», aseverou.

    Canto ao formato da mesa, amosou o seu desexo de que sexa realmente de negociación, «e non un trámite informativo no que nos convertan en espectadores».

    Segundo o secretario xeral de CCOO-Sanidade, o problema fundamental da atención primaria é a falta de recursos humanos como consecuencia de doce anos de recortes, «o que lastra enormemente a principal porta de acceso ao sistema sanitario público», concluíu.

    FACEBOOK

    TWITTER