Federación de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO Galicia | 18 diciembre 2024.

Publicado o DOG para a acreditación da prescripción enfermeira

    17/07/2021.

    No DOG 15 de xullo de 2021 publícase a Orde do 9 de xullo de 2021 polaque se regula e se inicia o procedemento para a acreditacióndas/dos enfermeiras/os para a indicación, uso e autorizaciónda dispensación de medicamentos e productos sanitarios de uso humano (entra en vigor ós 20 días da publicación).

    Requisitos que hai que ter rexistrados en Fides:

    ➢ Título de grao ou diplomatura en Enfermaría ou equivalente ou título de Enfermeiro/a Especialista.

    ➢ Cumprir algún dos seguintes requisitos:

    • Ter mínimo de 1 ano de experiencia acreditada.

    • Ter superado curso de adaptación ofrecido polaAdministración sanitaria de maneira gratuíta (publicaraseen DOG a primeira edición de este curso).

    Inicio do procedemento:

    ✓ Para profesionais do Servizo galego de Saúde: de oficio.

    ✓ Para profesionais de ámbito privado: de oficio cando teñan os requisitos rexistrados en Fides.

    O procedemento farase por Fides. Accederase desde a Intranet (traballadores do Sergas), e con Certificado dixital ou Chave 365 para o resto.

    As Resolucións emitiranse en cada trimestre natural.

    No arquivo que se xunta podedes consultar a orde publicada no DOG

    FACEBOOK

    TWITTER